Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico do río Narla, denominado Central de Gonday, promovido por Hidroeléctrica del Forcadas, S.A., nos concellos de Lugo e Outeiro de Rei (Lugo).

En cumprimento do disposto no artígo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 26 de setembro de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aproveitamento hidroeléctrico do río Narla, denominado Central de Gonday, promovido por Hidroeléctrica del Forcadas, S.A., nos concellos de Lugo e Outeiro de Rei (Lugo), que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os seguintes documentos presentados pola empresa promotora:

-Estudio de impacto ambiental en el río Narla minicentral de Gondai, de data novembro de 2000,

-Informe final. Avaliación do impacto cultural previa á construcción da minicentral de Gondai (concellos de Outeiro de Rei e Lugo), de data xaneiro de 2001,

-Informe valorativo. Sondaxes arqueolóxicas, de data xullo de 2001,

-Contestación ó informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Ambiente), de data 13 de xaneiro de 2002, presentado con data 18 de xuño de 2002,

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente declaración as condicións recollidas nos seguintes epígrafes, ademais das incluídas na documentación avaliada aplicables a este proxecto, de xeito que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o sinalado na documentación avaliada e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese á instalación e explotación dun aproveitamento hidroeléctrico en réxime de explotación fluente no río Narla, para un caudal máximo de 8.000 l/s, entre as cotas 431 m.s.n.m. e 379 m.s.n.m.

A localización das infraestructuras deste aproveitamento será a reflectida no plano requirido no punto 9.1.

b) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. Adoptaranse as medidas recollidas no estudio ambiental: emprego de maquinaria coa certificación en regra e humectación das superficies pulverulentas.

1.2. Sobre a protección contra a contaminación acústica.

1.2.1. Adoptaranse as medidas descritas no estudio ambiental relativas á insonorización do edificio da central. En todo caso, garantirase o cumprimento dos niveis de presión sonora estipulados na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica.

2. Protección do solo.

2.1. Delimitaranse as zonas de obras, non ocupando máis superficie da estrictamente necesaria e impedindo a circulación da maquinaria polo resto da área, debendo restrinxirse ás vías. Dentro destas zonas, ademais de sinalizar e delimita-las superficies seleccionadas para o depósito temporal de residuos, sinalizaranse e delimitaranse as superficies auxiliares de obras (parque de maquinaria e zonas de depósito dos amoreamentos de terra vexetal).

2.2. As superficies auxiliares de obra localízanse nas zonas máis degradadas dentro do ámbito do aproveitamento e afastadas do curso.

2.3. Adoptaranse as medidas necesarias (limpeza do terreo e emprego de redes ou dispositivos similares) para evita-la chegada de materiais ó curso durante as voaduras proxectadas para a execución do azude. No caso de que aínda utilizando estas medidas este material alcanzase o curso, procederase á súa retirada.

2.4. Na realización das voaduras no tramo de conducto escavado en gabia, conducto forzado e edificio da central adoptaranse as medidas descritas para o programa de voaduras (cargas pequenas, locali

zadas e directas), complementadas co emprego de redes ou doutros sistemas que eviten a rodadura de materiais nas zonas con pendentes máis acusadas e da limpeza previa do terreo.

2.5. Os labores de mantemento e reparación da maquinaria de obra efectuaranse en talleres autorizados. No caso de que isto non sexa factible, deberá acondicionarse no parque de maquinaria unha zona para efectuar estes labores, dispoñendo nesta do material necesario para impedi-la afección do solo por verteduras.

2.6. No caso de precisar préstamos, estes procederán de empresas legalmente establecidas, e contarán coas correspondentes licencias e permisos en regra.

3. Protección das augas.

3.1. Sobre a calidade das augas.

3.1.1. Durante a execución do azude e obra de toma adoptaranse as medidas descritas no estudio ambiental para minimiza-la afección á calidade da auga. Controlarase que non se produza o arrastre dos materiais que conforman a guía e a contraguía.

3.1.2. O formigón preciso, tal e como se indica no estudio ambiental, non se fabricará na zona da obra, senón que será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, que conten coas debidas autorizacións.

3.1.3. As augas residuais dos servicios hixiénicos conduciranse ata un sistema que garanta a inocuidade da súa vertedura.

3.1.4. Se durante o período de funcionamento do aproveitamento se producise algunha vertedura que alterase a calidade das augas, deberanse incrementa-los caudais de augas circulantes ata acada-lo nivel de dilución suficiente, de xeito que se acaden os niveis de calidade establecidos no anexo I da Directiva 78/659/CEE relativa á calidade das augas continentais que requiren protección ou mellora para seren aptas para a vida dos peixes.

3.2. Sobre os caudais.

3.2.1. Para poder considerar ambientalmente viable o aproveitamento, deberán manterse nos tramos afectados os seguintes réximes de caudais mínimos (l/s):

OUT.NOV.DEC.XAN.FEB.MAR.ABR.MAI.XUÑ.XULL.AGO.SET.

0,701,001,201,201,101,000,800,800,50Nat.Nat.Nat.

Nat.: caudal íntegro natural sempre que o caudal circulante sexa igual ou menor que o caudal medio mensual.

En época de freza, desenvolvemento embrionario e eclosión deben circula-los caudais mínimos propostos ou maiores se hai excedentes, sen que cheguen a anularse en ningún momento. Nos meses de estiaxe fíxase como caudal ecolóxico o íntegro que circula de xeito natural.

3.2.2. Instalaranse dispositivos de medida en continuo homologados para o caudal ecolóxico e o derivado. Estes deberán trasmiti-los valores obtidos ata un sistema central que manteña unha base de datos en tempo real e un histórico sistema central que deberá deixarse preparado para que a Administración poida acceder a través dun ordenador remoto.

Co obxecto de facilita-lo control por parte do Servicio de Gardería, instalarase así mesmo a regreta proposta para a determinación do caudal ecolóxico, que, unha vez realizado o cálculo do aforamento, deberá contar coa correspondente transformación dos calados en caudal fluente, tanto pola escala como polo vertedoiro do azude. No que respecta ó caudalímetro para determina-lo caudal derivado, as saídas dos rexistros amosaranse nalgún lugar da central ou do azude, que aínda que protexido poida ser observado en calquera momento.

Nalgún lugar visible e accesible, tanto da central como da captación, disporase tabelado, tanto o caudal concesional como o réxime de caudais ecolóxicos para cada mes e a súa distribución polos diferentes elementos da captación (paso de peixes e vertedoiro do azude) segundo proceda.

4. Protección da fauna.

4.1. As características do azude serán as definidas no documento presentado con data 18 de xuño de 2002 (cota de leito 425,20 m.s.n.m. e cota de vertedoiro inferior 431 m.s.n.m.). Así mesmo, procederase á adopción das medidas sinaladas no referido documento, co obxecto de facilita-la permeabilidade para os peixes.

4.2. Executarase o dispositivo de franqueo previsto na documentación presentada con data 18 de xuño de 2002, axustándose o número de artesas co obxecto de que o salto entre elas non supere os 0,33 m.

4.3. Procederase á instalación das tres represas propostas para xerar un tramo de maior calado ó pé do azude, executadas conforme as directrices que sinale a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

4.4. Como dispositivos de interdicción, instalaranse as reixas previstas no documento presentado con data 18 de xuño de 2002.

5. Protección da vexetación.

5.1. Previamente á afección á vexetación de ribeira contarase co informe do Servicio Provincial de Conservación da Natureza de Lugo.

5.2. Así mesmo, e previamente á corta de arboredo, procederase á comunicación de corta ou solicitude de autorización, de acordo co establecido no Regulamento de montes.

5.3. Previamente á afección de calquera superficie, procederase á retirada e amoreamento da terra vexetal.

Esta terra deberá ser conservada en condicións adecuadas para o seu posterior emprego na restauración.

5.4. Na realización das cortas de arboredo primará a preservación dos exemplares autóctonos de maior porte.

6. Protección do patrimonio cultural.

6.1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do proxecto. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

6.2. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias.

6.3. De acordo coa medida correctora recollida no informe arqueolóxico, é necesario o desprazamento do tubo de conducción uns 10 m ó S, co fin de evita-la afección nun aterrazamento vinculado ó xacigo arqueolóxico.

7. Restauración e protección da paisaxe.

7.1. Tal e como se recolle no estudio ambiental, o contorno da cheminea de equilibrio tratarase co obxecto de incorporala á paisaxe existente no seu contorno.

7.2. Procederase á restauración e revexetación da totalidade das superficies afectadas pola execución do aproveitamento. Os criterios que hai que seguir serán os recollidos no estudio ambiental: adaptación á topografía e emprego de especies autóctonas presentes na zona.

7.3. A tipoloxía constructiva do edificio da central estará acorde coa empregada tradicionalmente nos muíños da zona.

7.4. Garantirase a consolidación da revexetación, procedendo, se é o caso, ó mantemento inicial e á reposición de marras ou calvas.

8. Xestión de residuos.

8.1. Adoptarase o sistema de xestión de residuos e sobrantes de escavacións recollido no estudio ambiental. No que respecta ás localizacións seleccionadas para o recheo no estudio ambiental, de contar coas debidas autorizacións, seleccionaranse preferentemente os terreos xa degradados.

8.2. As áreas que se seleccionen para o depósito temporal dos residuos localizaranse dentro da zona de obras, en lugares que, ademais de discretos, teñan un menor valor ambiental.

8.3. Os restos de biomasa serán preferiblemente valorizados ou reciclados. De obtarse polo seu espallado no terreo, serán previamente triturados.

9. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano de bacía, quen pola súa vez llo remitirá a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras

adicionais que se deriven, dous (2) exemplares da seguinte documentación, asinada polo técnico/s responsable/s:

9.1. Plano de planta xeral das obras no que se teñan incorporado as modificacións recollidas no documento titulado Informe valorativo. Sondaxes arqueolóxicas de data xullo de 2001 e o documento presentado con data 18 de xuño de 2002, incluíndo accesos (diferenciando o novo tramo), traza da liña eléctrica e os bens patrimoniais inventariados; todo iso dando cumprimento ós requirimentos efectuados polas direccións xerais de Patrimonio Cultural e de Conservación da Natureza.

9.2. Definición e localización en plano, referenciado en coordenadas UTM, dos lugares seleccionados para parque de maquinaria, amoreamentos de terra vexetal e depósito temporal de residuos e sobrantes de escavación.

9.3. Estudio acústico, coa forma e contido requiridos no Decreto 150/1999, de protección contra a contaminación acústica. Xuntaráselle o informe de medicións preoperacionais realizadas por empresa homologada, tomando como referencia as vivendas ou instalacións máis próximas.

9.4. Proxecto de integración paisaxística para a cheminea de equilibrio.

9.5. Proxecto de restauración e revexetación, asinado por técnico/s competente/s na materia. Para o seu desenvolvemento seguiranse os criterios recollidos no punto 7.2.

9.6. Definición do sistema de tratamento de augas residuais que hai que empregar na fase de obras e de explotación.

9.7. Documento no que se especifiquen as localizacións finalmente seleccionadas para o depósito final dos sobrantes de terras, achegando a autorización do órgano competente. Incorporará memoria na que se observe o cumprimento do establecido no punto 8.1 e as medidas ambientais que hai que adoptar, incluíndo proxecto de restauración e revexetación.

9.8. Descrición e localización dos dispositivos de medida de caudais requiridos no punto 3.2.2 desta declaración.

9.9. Copia da autorización emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural respecto do proxecto arqueolóxico para o control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do proxecto.

9.10. Programa de vixilancia e seguimento ambiental presentado, especificando a totalidade dos controis previstos, periodicidade, indicadores empregados para determina-la existencia de afección e limiares.

9.11. Documentación acreditativa de ter notificado a producción de residuos perigosos para a fase de obras, en cumprimento do Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

9.12. Identificación do responsable do control do seguimento ambiental, de acordo co requirido no punto 11.3 desta declaración.

Unha vez avaliada toda esta documentación, remitiráselle ó órgano de conca o resultado desta, non podendo o promotor proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Polo menos 48 horas antes do inicio das obras, o promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano de bacía:

-Comunicación da data de inicio das obras,

-Cronograma de execución das obras, incluíndo as instalacións auxiliares e desenvolvemento -detalladoda restauración e revexetación.

10. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación ambiental e no condicionado desta declaración.

Este programa permite detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

O responsable do control do seguimento ambiental contará cun libro de control, acorde co programa de vixilancia e seguimento ambiental aprobado, a disposición da Administración, no que anotará a totalidade dos controis efectuados, a data da súa realización, así como calquera incidencia ou observación.

Estas anotacións servirán de base para a realización dos informes a remitir a esta dirección xeral, que comprenderán a seguinte documentación:

10.1. Informe de obras:

10.1.1. Con carácter mensual: cronograma actualizado.

10.1.2. Con carácter trimestral:

a) Informe de seguimento, utilizando como base as anotacións do libro de control, no que se recollan a totalidade dos controis realizados, a data da súa realización, os resultados ou observacións derivados e, se é o caso, as medidas adoptadas.

b) Reportaxe fotográfica na que se amose o avance das obras, indicando nas fotografías a data e hora da súa toma. Xuntaráselle do plano en planta das instalacións, referenciado con coordenadas UTM, no que se reflicta o lugar de toma destas.

10.2. Informe fin de obras, antes de dous (2) meses desde o remate dos traballos:

10.2.1. Informe de seguimento que comprenda as actuacións realizadas desde o último informe de obras remitido a esta dirección xeral.

10.2.2. Plano en planta, referenciado con coordenadas UTM, de tódolos elementos construídos, xunto coa de relación de coordenadas UTM de localización das instalacións.

10.2.3. Reportaxe fotográfica, na que se indique a data e a hora de toma na propia fotografía, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, reflectindo no plano en planta requirido no punto anterior o lugar de toma das fotografías.

10.2.4. Documentación acreditativa de ter notificada a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10.2.5. Certificación do correcto funcionamento dos dispositivos de medida de caudais.

10.3. Informe de seguimento ambiental de periodicidade semestral contado desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos; e de carácter anual durante o resto do período de explotación. Contará, como mínimo, coa seguinte documentación:

a) Informe de seguimento, utilizando como base as anotacións do libro de control, no que se recollan a totalidade dos controis realizados, a data da súa realización, os resultados ou observacións derivados e, se e o caso, as medidas adoptadas.

b) Reportaxe fotográfica na que se amose o avance da revexetación, indicando nas fotografías a data e hora da súa toma. Xuntaráselle o plano no que se reflicta o lugar de toma das fotografías. Esta reportaxe entregarase ata que se considere que a revexetación está consolidada.

c) Resultados das medicións de caudais realizadas cos dispositivos de medida. Estes resultados representaranse graficamente (tempo-caudal).

10.4. Informe ambiental previo ó abandono: nun prazo de seis meses previos á finalización da explotación do aproveitamento, remitirase ó órgano ambiental informe que conteña as accións previstas polo promotor para o abandono. Este será obxecto de avaliación por parte do órgano ambiental, sendo preciso informe favorable para a súa execución.

10.5. Informe posterior ó abandono: nun prazo máximo de dous meses contados desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental, xunto con documento gráfico que reflicta o estado final do lugar.

Os informes de seguimento serán presentados por duplicado.

11. Condicións adicionais.

11.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano de conca comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

11.2. As condicións sinaladas nesta declaración son de cumprimento obrigatorio para o promotor. Nembargantes, este poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no aproveitamento, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarallo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes desde a notificación da presente DIA polo órgano de bacía. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicándolle o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras ata que non conte cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

11.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable de control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano de bacía, quen llo comunicará ó órgano ambiental.

11.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada, deberalle ser notificado previamente, a través do órgano de bacía, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando, así mesmo, se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

11.5. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano de bacía, poderá dictar, en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non recollido actualmente.

11.6. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano de bacía por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelosamente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e ata que estes se corrixan.

11.7. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. A proposta de aval, que deberá fixa-lo órgano de bacía, establécese no 4% do orzamento de execución por contrata.

11.8. O incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

11.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes.

11.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

11.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

Con data 30 de xullo de 1993, Confederación Hidrográfica del Norte resolveu outorgar unha concesión para aproveitar 4.000 l/s do río Narla, con fins hidroeléctricos, denominada Central de Gonday, nos termos municipais de Lugo e Outeiro de Rei. Este aproveitamento quedaba delimitado entre as cotas 428,0 m.s.n.m. e 375,0 m.s.n.m.

O proxecto agora presentado prevé amplia-lo caudal concesional en 4.000 l/s, pasando a derivar 8.000 l/s. A toma efectúase na cota 431 (NMN encoro) e a restitución á 379 m.s.n.m.

As características básicas do salto, segundo a documentación inicialmente presentada, son:

* Corrente de derivación: río Narla.

* Corrente de restitución: río Narla.

* Concellos: Lugo e Outeiro de Rei.

* Provincia: Lugo.

* Cota da toma (NMN encoro): 431 m.s.n.m.

* Cota de restitución: 379 m.s.n.m.

* Salto bruto: 52 m.

* Caudal máximo derivado: 8 m/s.

* Número de grupos: 3.

* Caudal por grupo: 2,67 m/s

* Salto útil (1 solo grupo): 51,20 m.

* Potencia por grupo (eixe turbina): 1.197 kW.

* Salto útil (3 grupos): 49,10 m.

Proxéctanse os seguintes elementos:

-Azude de planta recta de gravidade. O tramo central constitúe o aliviadoiro, con limiar disposto a dúas cotas: un subtramo de 32 m á cota 431 e un segundo de 18,50 m á cota 432. Os estribos laterais están coroados á cota 434,5 estando a cota do leito a 424 e a cota máis baixa de alicerces á 421,5.

-Conducción en túnel, no que se diferencian tres tramos. O primeiro está constituído por un falso túnel soterrado de 179 m de lonxitude e con sección de 2,50 m de largo por 3,25 m de altura, rematado nunha semicircunferencia de 1,25 m de radio. O segundo tramo é unha galería escavada no macizo granítico de 1.697 m de lonxitude e 3,20 m de diámetro. O terceiro tramo é unha galería soterrada de 95 m de lonxitude e idéntica sección á primeira.

-Tubo en gabia, entre as cotas 432 a 430, con 370 m de lonxitude.

-Cheminea de equilibrio, de 7 m de diámetro e 12 m de altura, sobresaíndo uns 2 m do terreo.

-Tubo forzado, de aproximadamente 108 m de lonxitude, que discorre parte soterrado e parte semisoterrado. Nos últimos 25 m esta tubaxe divídese en tres ramais de 0,90 m de diámetro, para alimentar cada un dos tres grupos da central.

-Edificio da central, na marxe dereita do río Narla, con dimensións de 33,60 x 9,95 m de planta. Esta aloxará os equipos electromecánicos constituídos principalmente por tres turbinas tipo Francis iguais, para un caudal unitario de 2.670 l/s.

No que respecta ós accesos, non se fan distincións entre provisionais e definitivos, proxectándose que todo acceso ás obras discorra polo mesmo percorrido que levarán os camiños definitivos. O acceso efectuarase por dous puntos fundamentalmente:

-Para acada-las obras do azude, toma de auga e boca do túnel, accederase desde a estrada que une Lugo con Friol; no km 8,20 arranca un camiño que conduce á zona recreativa de Outerio, desde a que se continúa á zona do azude e obra de captación, así como o comezo do túnel.

-Para o acceso á central tomarase unha derivación desde o núcleo de Parada (San Xoán) ata Parada e, ó cruzar sobre o río Narla, proxéctase a construcción dunha pista cunha lonxitude aproximada de 500 m ata o edificio da central.

Para a interconexión da central coa rede da compañía distribuidora que pasa polas inmediacións da central, proxéctase a realización dunha derivación en liña destensada ata un novo apoio, no que se realizará o paso de liña aérea a soterrada. O tramo de liña soterrada terá unha lonxitude de 120 m e acadará o edificio da central e a lonxitude da liña aérea será de 25 m.

As coordenadas UTM representativas das unidades principais do proxecto son:

Coordenada XCoordenada Y

Azude6080524768382

Túnel de conducción6099224768735

Tubo soterrado6100354768757

Cheminea de equilibrio6103504768909

Tubo forzado6103934768937

Central6105494768971

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

* A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable.

* A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable.

* A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite os seguintes informes:

a) Con datas 5 de marzo de 2002 e 1 de outubro de 2001:

Acorda informar favorablemente o aproveitamento hidroeléctrico no río Narla, Minicentral de Gondai (Outeiro de Rei, Lugo). Addenda ó proxecto de construcción da central de Gondai. Decembro 2001 e

as medidas correctoras, cos seguintes condicionantes, para incluír na declaración ambiental:

1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do proxecto. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado por esta dirección xeral.

2. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias.

3. De acordo coa medida correctora recollida no antedito informe arqueolóxico, é necesario o desprazamento do tubo de conducción uns 10 m ó S, co fin de evita-la afección nun aterrazamento vinculado ó xacigo arqueolóxico.

4. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

6. Tal e como se preve no artigo 63.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, os traballos arqueolóxicos descritos máis arriba financiaranse con cargo á execución do proxecto.

b) Con data 20 de xuño de 2001:

En relación co EIA do aproveitamento hidroeléctrico no río Narla, Minicentral de Gondai (Outeiro de Rei, Lugo). Informe final da avaliación do impacto cultural, emitir informe favorable e acepta-las medidas correctoras do estudio cos seguintes condicionantes que hai que incluír na correspondente declaración ambiental:

Patrimonio arqueolóxico.

Cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 200 m medidos dende o límite exterior do ben inventariado. A realización da calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Patrimonio arquitectónico e etnográfico.

Tendo en conta que o aproveitamento hidroeléctrico do río Narla modificará o fluxo das augas afectando á funcionalidade dos muíños que nel poida

haber, deberá garantirse, no futuro, o caudal necesario que posibilite o seu funcionamento, por se chegase o caso de recuperalos e poñelos en valor.

c) Con data 19 de febreiro de 2001:

En relación co expediente EIA do aproveitamento hidroeléctrico no río Narla, Minicentral de Gondai (Outeiro de Rei, Lugo) destaca a inexistencia de informes baseados en traballos de campo relativos ó impacto do proxecto sobre o patrimonio arqueolóxico, segundo o establecido no Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro, referente á execución do Real decreto lexislativo de avaliación de impacto ambiental, e no artigo 32 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Na zona onde se sitúa o proxecto (concello de Outeiro de Rei, Lugo) localízase o xacigo de época castrexa O Castro (GA27039066) que podería verse afectado polo aproveitamento.

Por todo iso, considérase conveniente, de acordo co artigo 32 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a realización dun estudio específico do impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural (facendo especial fincapé no patrimonio arqueolóxico), onde sexan establecidas as posibles afeccións neste patrimonio. Neste estudio deberá incluírse unha prospección arqueolóxica, levada a cabo por técnicos competentes, de acordo cun proxecto presentado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e o Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia).

Así mesmo, e desde o punto de vista do patrimonio arquitectónico é necesario contar cun inventario exhaustivo do patrimonio cultural da zona afectada, resultado da recollida de información nos catálogos existentes e do traballo de campo, así como a identificación e valoración de incidencias sobre estes elementos e o establecemento das medidas correctoras oportunas, facendo fincapé nos muíños e pontes existentes no río.

Considérase zona afectada, desde o punto de vista arquitectónico e etnográfico, ademais da xerada polas obras (explanacións, acondicionamentos, ...), todo o leito do río desde o azude ata a central, co obxecto de engloba-los muíños que quedarían afectados pola modificación do caudal.

* A Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite os seguintes informes:

a) Con data 13 de setembro de 2002:

Nesta nova documentación danse resposta ós condicionantes propostos por esta dirección xeral no anterior informe, onde se abordaban cuestións referidas ós sistemas de protección da fauna piscícola e de protección do ecosistema acuático.

O dispositivo de franqueo proposto, unha vez aumentadas as larguras das artesas de cambio a 2,7 m, considérase correcto. Débese ter en conta que o salto entre artesas non deberá superar o valor de 0,33 m considerados no proxecto, polo que se deberá axusta-lo número de artesas con este criterio debido á diminución da altura do azude de xeito que o deseño en planta non se vexa alterado.

Os dipositivos de protección da fauna piscícola consistentes en dous módulos de reixas, cunha separación de 2 cm e unhas velocidades de cálculo inferiores a 0,45 m/s cumpren cos requirimentos da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia. Así mesmo, tamén se emite informe favorable sobre as reixas situadas na restitución do caudal turbinado.

En canto a altura do azude, proponse desprazar este uns 70 m augas arriba, co que a nova proposta contempla unha altura desde o leito ata o vertedoiro inferior de 5,8 m e un salto de 5,1 m. Esta proposta alén de reduci-lo salto, co que a eficacia do dispositivo de franqueo se pode supor maior, ten menor afección á vexetación de ribeira.

No tocante ás tres represas propostas para xerar un tramo de maior calado ó pé do azude, acéptase a proposta de asesoramento in situ por parte dos técnicos desta dirección xeral, polo que se deberá comunicar ó efecto unha vez que estea concluída a obra da escala piscícola. No mesmo aspecto tamén se deberá executar un dique submerxido, converxente á entrada da escala para conducir ós migradores.

En canto ós dispositivos de aforamento, considérase viable a proposta de dispor unha regreta para a determinación do caudal ecolóxico e dun caudalímetro para determina-lo derivado. A regreta, unha vez realizado o cálculo do aforamento, deberá contar coa correspondente trasformación dos calados en caudal fluente, tanto pola escala como polo vertedoiro do azude. As saídas dos rexistros do caudalímetro mostraranse nalgún lugar da central ou do azude, que aínda que protexido poida ser observado en calquera momento.

Nalgún lugar visible e accesible, tanto da central como da captación, disporase tabelado, tanto o caudal concesional como o réxime de caudais ecolóxicos para cada mes e a súa distribución polos diferentes elementos da captación (paso de peixes e vertedoiro do azude) segundo proceda.

Por último, e debido a que o aproveitamento en cuestión vai afecta-las formacións aluviais, que aínda que dun xeito moi limitado, deberá contar cun plano de restauración, que se deberá presentar antes do inicio dos traballos.

b) Con data 27 de marzo de 2002:

Infórmase o documento titulado Adenda al Proyecto de Construcción de la Central de Gonday, no que se propoñen medidas de protección da fauna piscícola.

Para mitiga-lo efecto barreira producido pola interposición do azude para a derivación, deseñouse un dispositivo de franqueo piscícola no estribo esquerdo da presa. Trátase dun dispositivo de artesas ou depósitos sucesivos, con vertedoiros centrais e de chorro somerxido, ó que se lle dispón un orificio no fondo dos tabiques intermedios cunha sección de 0,01 m. O salto considerado é de 5,8 m, considerando como tal a diferencia entre as láminas de augas arriba e augas abaixo (cotas +431 e +425,2 respectivamente). A cota de augas abaixo conséguese elevando a lámina mediante 3 represas cun salto entre elas de 0,4 m.

Unha vez comprobada a proposta, considérase correcto o dispositivo de franqueo deseñado, coa única salvidade de aumenta-la largura dos depósitos de cambio dos 2,4 m ata os 2,7 m. Todo o dispositivo deberá cubrirse cunha reixa tipo Tramex para evita-lo acceso ás artesas. En canto ás 3 represas, estas deberán presentar un salto máximo de 0,35 m, debendo, e isto é sumamente importante, ser executadas de forma tal que presente un vertedeiro dimensionado para concentra-lo caudal ecolóxico íntegro, de xeito que se xere unha lámina de auga sobre el de polo menos 50 cm, sendo consecuentemente unha vertedura parcialmente somerxida. A separación entre represas debe ser superior ós 4 m, debéndose aporta-la definición gráfica das mesmas.

Sen embargo a altura do azude é excesiva (5,8 m considerando a diferencia de niveis de auga e 7 m desde leito ata o vertedoiro inferior), debendo ser reducida para optimiza-lo funcionamento do dispositivo de franqueo, así como diminuí-lo impacto causado ó ecosistema acuático. A reducción vai afectar consecuentemente o deseño do dispositivo, que sen embargo, deberá respecta-las características xerais que se teñen presentado, tendo en consideración o indicado no parágrafo precedente. Este condicionante debe ser incorporado no proceso de decisión de alternativas debendo ser xustificada a elección.

É conveniente tamén a execución dunha coieira ó longo da fronte do azude, disposta oblicuamente á entrada do dispositivo de franqueo piscícola coa cota de enrase superior na +425. A función é a de conduci-los peixes cara á entrada da escala evitando que se poidan producir concentracións ó pé do vertedeiro do azude por mor da chamada que vai provoca-la vertedura de parte do caudal ecolóxico polo aliviadoiro do azude. Para maior estabilidade, o extremo superior da punteira deberá elevarse ata a cota +425.

En canto ós elementos de protección da fauna piscícola, na documentación coméntase que na embocadura vanse dispor unhas reixas cunha separación entre pletinas de 2 cm, e que a velocidade vai ser inferior ós 0,45 m/s, xustificando que a sección precisa para obter esta velocidade sería de 17,78 m, e eles dispoñen unha sección de 24 m. Nembargantes, esta é a sección total, sendo a sección que

eles consideran para o cálculo hidráulico do 50%, é dicir, 12 m, co que a velocidade sería neste caso, e para os 8 m/s que solicitan, de 0,67 m/s, valor superior ós 0,45 m/s. Débese por tanto modifica-la sección hidráulica para reducir este valor.

En canto á restitución do caudal turbinado, esta deberá construírse de xeito que impida por unha parte a entrada dos peixes e por outra que non desoriente na migración. Para iso proponse a instalación de reixas cunha separaciónde 4 cm. Aínda que a disposición das reixas é correcta, estas deberán ter unha separación de 2 cm para que sexan realmente eficaces.

Por outra parte, a vertedura debe producirse somerxido no río, sen a existencia de salto e sen xeral augas brancas, que inciten os peixes a saltaren.

En relación ós sistemas de aforamento, tense que instalar un dispositivo que permita medir en calquera momento, de forma sinxela e con suficiente aproximación, o caudal ecolóxico e o derivado cara ás instalacións. Deberase polo tanto presentar unha proposta deles, así como a súa localización.

Nalgún lugar visible e accesible, tanto da central como da captación, diporase tabelado, tanto o caudal concesional como o réxime de caudais ecolóxicos para cada mes e a súa distribución polos diferentes elementos da captación (paso de peixes e vertedoiro do azude), según proceda.

Unha vez executados os elementos de protección da fauna piscícola, así como o dispositivo de franqueo e os elementos de control dos caudais ecolóxicos, deberase dar comunicación a esta dirección xeral para que realice unha inspección destas instalacións antes da aprobación definitiva por parte da Consellería de Medio Ambiente.

c) Con data 30 de xullo de 2001:

Determinouse o réxime de caudais ecolóxicos mínimos para o río Narla no tramo comprendido entre as cotas 431 e 379 msnm. O método empregado baséase nas metodoloxías PHABSIM (Physical Habitat SIMulation) e IFIM (Instream Flow Incremental Methodology), porque nelas se integran consideracións hidrolóxicas, biolóxicas (a través das necesidades mínimas da especie piscícola considerada) e da morfoloxía do curso, como determinante das condicións hidráulicas de escorrega. Esta metodoloxía está detallada nos Informes Técnicos nº 1, nº 3 e nº 4 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Efectuada visita á zona en cuestión con data 28 de xuño de 2001, realizouse un estudio do tramo de curso afectado. Avaliouse o hábitat fluvial e os parámetros hidráulicos en varias seccións transversais ou transecto do río. Para o estudio da habitabilidade consideráronse as necesidades da troita común en catro estadías vitais: freza ou desova, alevín, xuvenil e adulto.

Como criterios xerais para a determinación do réxime de caudais ecolóxicos establécense os seguintes:

-A época de freza comprende os meses de novembro, decembro e xaneiro, seleccionándose para esta época os caudais óptimos para a desova e posterior desenvolvemento embrionario, ata a eclosión dos alevíns.

-O período de alevinaxe prolóngase entre os meses de febreiro, marzo e abril, cumprindo durante estas datas, de forma xeral, as exisencias mínimas deste estadío.

-A época de estiaxe comprende os meses de xullo, agosto e setembro; nesta época fíxanse aqueles caudais mínimos necesarios para a persistencia dos adultos e xuvenís ou o caudal medio de estiaxe íntegra, o valor que resulte maior.

-O resto dos meses fíxanse uns caudais de transición que suavicen o paso do caudal dunha época á seguinte, atendendo á fenoloxía natural da zona.

-O caudal ecolóxico mínimo nunca debe ser inferior ó caudal medio do mes máis seco.

Para cada un dos transectos do tramo no estudio determínanse os caudais correspondentes para cada estadía, empregando para iso as curvas que relacionan a habitabilidade co caudal circulante. Estas curvas obtéñense por un proceso de simulación hidráulica e do hábitat fluvial, empregando os datos de campo reais previamente obtidos.

O réxime natural de caudais, segundo os datos achegados polo promotor, exponse no seguinte cadro (m/s):

OUT.NOV.DEC.XAN.FEB.MAR.ABR.MAI.XUÑ.XULL.AGO.SET.

2,174,647,627,867,785,473,733,111,000,280,330,71

Os caudais ecolóxicos mínimos obtidos para cada mes do ano, expóñense no seguinte cadro (m/s):

OUT.NOV.DEC.XAN.FEB.MAR.ABR.MAI.XUÑ.XULL.AGO.SET.

0,701,001,201,201,101,000,800,800,50Nat.Nat.Nat.

Nat.: caudal íntegro natural sempre que o caudal circulante sexa igual ou menor que o caudal medio mensual.

En época de freza, desenvolvemento embrionario e eclosión deben circula-los caudais mínimos propostos ou maiores se hai excedentes, sen que cheguen a anularse en ningún momento. A finalidade é asegura-lo éxito da reproducción, como base fundamental para a continuidade das poboacións piscícolas. Nos meses de estiaxe fíxase como caudal ecolóxico o íntegro que circula de xeito natural. Calquera aproveitamento hidráulico na época de estiaxe compromete a subsistencia destas poboacións. Por iso, durante o dito período, debe paralizarse toda detracción de caudais, deixando circular polo curso a totalidade do caudal que se produza de forma natural.

O réxime proposto debe entenderse como un mínimo absoluto, de tal xeito que non deben circular caudais inferiores ós aquí propostos, agás carencias naturais.

A calidade das augas suponse sempre suficiente para o mantemento das poboacións piscícolas consideradas, baseándose nas directrices da Unión Europea, de conformidade co disposto no Regulamento de pesca fluvial (Decreto 130/1997, do 14 de maio), clasificación de augas salmonícolas. No caso de deterioración da calidade da auga por aumento das verteduras, os caudais deben incre

mentarse ata acadar unha adecuada dilución dos productos contaminantes verteduras, de xeito que se continúen a cumpri-las especificacións de augas salmonícolas.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

* María Amalia Buide Viña, actuando en nome propio, presenta escrito de alegacións no que sinala:

1. A presa do aproveitamento hidroeléctrico que se solicita sitúase, segundo o proxecto, a penas 600 m augas abaixo dunha pequena parcela da súa propiedade, na que ten construída unha casa, con baixo dedicado á hostalería e unha altura habitable, parcela que, debido ás enchentes do río, anégase de xeito natural cáseque tódolos invernos.

2. Dada a proximidade desta parcela edificada ó punto de construcción da presa (cunha altura de 18,7 m), é máis que evidente que tal presa vai provocar un aumento do nivel e da frecuencia das enchentes que afecten a esta parcela edificada.

3. Corresponde ó estudio de impacto ambiental -de acordo co disposto no Decreto 442/1990, de avaliación de impacto ambiental para Galicia-, a identificación de tódolos impactos. Sen embargo, no refe

rido estudio de impactos non se menciona a existencia desta parcela edificada, nin, en consecuencia, se estudian os efectos da presa e do aproveitamento hidroeléctrico sobre a ela.

4. Ademais do dito en relación á referida parcela, tal aproveitamento hidroeléctrico supón un grave impacto sobre a paisaxe da bacía afectada, sobre a hidrodinámica do río, sobre os ecosistemas de ribeira da zona afectada e sobre os ecosistemas fluviais de todo o río (como mesmo se recoñece, aínda que parcialmente, no estudio de impacto sometido a información pública), sen que, por outra parte, poida haber xustificación ningunha que non sexa o negocio privado para ter que soportar uns impactos que son sempre irreversibles.

Por todo o exposto, solicita que se informe negativamente o aproveitamento hidroeléctrico solicitado, en primeiro lugar por non ter estudiado impactos tan importantes como o das enchentes que poden afectar á parcela edificada que se menciona e podendo, ademais, provocar, sen xustificación ningunha máis que a dun negocio privado, graves impactos sobre a paisaxe e os ecosistemas fluviais.

* Lois Manuel Toirán Vázquez e D. Daniel López Vispo, actuando en nome propio e en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza-Adega, presentan escrito coas seguintes alegacións:

1. Calquera aproveitamento hidroeléctrico das características deste, cunha presa de cerca de 19 m de altura, supón un drástico cambio en toda a hidrodinámica do río:

-Augas arriba da presa: porque se converten en augas lentas e estancadas o que antes era unha corrente de auga, cos seus cambios de velocidade en función das distintas pendentes que se van encontrando ó longo do río.

-Entre a presa e o desauguamento da central: porque o caudal do río queda moi considerablemente reducido, podendo quedar convertido nos meses do verán nunha sucesión de pozas máis ou menos interconectadas totalmente inviables para a conservación da riqueza piscícola e para a conservación dos ecosistemas fluviais e de ribeira.

-Augas abaixo da central: porque o que tiña que ser un fluxo natural do río, coas súas oscilacións estacionais de caudal, queda convertido nun fluxo continuamente oscilante en función do turbinado que se estea levando a cabo.

Esta nova hidrodinámica do río e o encoramento da presa van provocar graves e irreversibles impactos ambientais sobre a paisaxe e sobre os ecosistemas de ribeira da zona afectada e sobre os ecosistemas fluviais de todo o río, sen máis xustificación cós intereses económicos que poida te-la empresa promotora. A compatibilidade ou incompatibilidade dunha determinada actuación, sempre haberá que vela en función da necesidade social desta. Se non se dá tal necesidade social, -e tal é o caso deste aproveitamento-, non deberá de haber razóns para impoñer sacrificios innecesarios ó ambiente.

Polo exposto, solicitan, por tratarse dun proxecto non xustificado e polos seus graves e irreversibles impactos sobre a hidrodinámica do río e sobre os ecosistemas fluviais e de ribeira, que se emita informe desfavorable, declarándoo incompatible coa conservación da paisaxe e dos ecosistemas fluviais.

Posteriormente, presentan novo escrito de alegacións, nas que se sinala, de forma resumida:

1. Sobre a finalidade dos estudio de impacto ambiental: de acordo coa normativa ambiental comunitaria, estatal e autonómica, débense examina-las distintas alternativas do proxecto e, desde logo, entre estas tamén terá que ser considerada, sempre en relación ós intereses xerais, a non execución do proxecto, a chamada opción cero.

2. Sobre os impactos ambientais do proxecto: as catro alternativas presentadas van ocasionar impactos similares, polo que non se fai distinción entre elas.

a) Resumo de impactos sobre a flora e a fauna:

Sobre os invertebrados.

O estudio recolle unha especie de molusco moi raro nos ríos de Galicia, -Potomida littoralis-, para os que son cada vez máis os científicos que reclaman a súa protección incluíndoo entre as especies de interese comunitario e no catálogo de especies amenazadas.

Peixes.

Catro especies de peixes das que unha, -a boga de río ou escalo, Chondrostoma polylepis,-está incluída no anexo II da Directiva 92/43/CE (modificada pola Directiva 97/62/CE) como especie de interese comunitario para a que é necesario designar zonas especiais de conservación.

Anfibios e réptiles.

Ata 19 especies de anfibios e réptiles aparecen na zona afectada polo aproveitamento, das que dúas -o sapo razado, Discoglossus galganoi, e o lagarto verdinegro, Lacerta schereiberi, figuran no anexo II da Directiva 92/43/CE.

Aves.

67 especies de aves foron rexistradas na área afectada polo aproveitamento, a súa maioría catalogadas de interese especial no catálogo de especies ameazadas (R.D. 439/1990 e Orde do 9 de xuño de 1999).

Mamíferos.

44 especies rexistradas na área afectada, cinco delas incluídas no anexo II da Directiva 92/43/CE:

-Aguaneira (Desmán ibérico), Galemys pyrenaicus;

-Morcego pequeno de ferradura, Rhinolophus hipposideros;

-Morcego grande de ferradura, Rhinolophus ferrumequinum;

-Morcego rateiro grande, Myotis myotis;

-Londra, Lutra lutra.

Plantas.

No estudio de impacto ambiental non se sinala ningunha especie que figure na Directiva Hábitats.

b) Valoración dos impactos sobre a flora e a fauna:

A grave alteración da hidrodinámica do río que vai supoñe-la derivación da maior parte do caudal, deixando o treito cortocircuitado cun caudal mínimo de auga, vai supoñe-la práctica desaparición no río do raro molusco Potomida littoralis e da boga de río, Chondrostoma polylepis.

No que respecta ós morcegos, polo seu específico hábitat e polas condicións da súa reproducción (unha única camada cunha única cría ó ano), son moi sensibles a calquera alteración do medio.

En canto á londra, está tamén incluída -ademais de nos convenios CITES I e II, coa categoría de fauna estrictamente protexida, entre as especies de interese especial no catálogo de especies ameazadas e para as que -segundo a Lei 4/1989, de espacios naturais-, se esixe elaborar un Plan de Manexo que determine as condicións necesarias para mante-las súas poboacións nun nivel adecuado. Dado que a londra é unha especie territorial que necesita de galerías nas beiras dos ríos, escavadas, en tramos, por debaixo do nivel da auga, é evidente que a falta de auga no treito cortocircuitado e as fluctuacións de nivel debidas á turbinación van supoñe-la total desaparición da londra no treito de río afectado.

A aguaneira, -incluída tamén nos convenios CITES e no catálogo de especies ameazadas-, é unha especie actualmente en regresión que tamén necesita de galerías nas beiras dos ríos e dos bosques de ribeira. Só a conservación dos hábitats fluviais pode servir para recuperar unha especie que a lista vermella de vertebrados considera como vulnerable.

En resumo, trátase de impactos directos, permanentes, irreversibles, continuos e críticos para os que de nada valen as medidas correctoras que se propoñen no estudio de impacto ambiental.

c) Alteracións do fluxo hidrodinámico:

No estudio de impacto ambiental (Esia) a penas se tratan os impactos que se van derivar do cambio do fluxo hidrodinámico que vai representa-lo encoramento do río cunha presa de máis de 12 m de altura (un edificio de máis de catro pisos); cun treito de río cortocircuitado, sen a penas auga, de máis de 4 km de lonxitude, e cunhas fluctuacións de nivel augas arriba da presa e augas abaixo da central.

-Calidade da auga: non hai ningunha referencia no Esia á perda da calidade da auga, pero está demostrado que a retención de auga no encoro, vai significar, entre outras cousas, a eutrofización máis ou menos rápida da auga encorada, coa consecuente perda de calidade dunha auga de que máis abaixo se vai abastece-la poboación de Lugo e sobre a que Plan Hidrolóxico (BOE 27-8-1999) fai unha reserva de 11,8 e 14,3 Hm de auga nos horizontes de 2011 e 2021, respectivamente, para abastecemento da poboación, o que constitúe, -segundo a Lei de augas e o Regulamento do dominio público hidráulico-, un uso preferente ó aproveitamento hidroeléctrico.

-Perda de recursos piscícolas: os cambios de réxime hidráulico antes do encoro, a práctica desaparición dun treito de río, cortocircuitado, e as fluctuacións de caudal producidas pola turbinación do

caudal derivado, supoñen -ademais dunha grave alteración dun hábitat fundamental para os recursos piscícolas-, a introducción dunha descontinuidade insalvable para o conxunto da fauna fluvial e da riqueza piscícola: a deriva río abaixo de nutrientes e microinvertebrados, indispensables para a subsistencia doutras especies do río, queda, por exemplo, completamente interrompida; para os recursos piscícolas que necesitan migrar río arriba para reproducirse e logo río abaixo para completa-lo seu ciclo vital, as escadas de peixes están demostrado que serven de ben pouco, pois a descontinuidade que ela supón e o escaso caudal que circula por elas, exercen escasas atracción sobre a fauna piscícola, e así é que na súa maioría collen a canle de derivación para acabar triturados nas turbinas.

-Outros impactos: ademais dos sinalados anteriormente, toda unha diversidade de flora e fauna vai ser afectada por aproveitamentos coma este (achégase un estudio de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, onde se recolle unha lista exhaustiva de especies afectadas cos seus respectivos niveis de protección).

En resumo, uns irreversibles impactos para os que non hai medidas correctoras posibles.

3. A necesidade social e a xustificación do aproveitamento hidroeléctrico: o Esia xustifica a necesidade do proxecto argumentando:

-Enerxía renovable e limpa: certo que se trata dunha enerxía renovable e limpa, pero con impactos moi importantes sobre o medio físico, flora e fauna. A súa xustificación debe concretarse coa desaparición doutras fontes de enerxía non renovables e contaminantes e en qué medida. Isto non ocorre en Galicia.

-Beneficios sociais: ó que indica o Esia respecto da xeración de emprego, rendas derivadas da explotación, reversión das instalacións á Administración ou a mellora das condicións de subministración de enerxía eléctrica na zona rural, non é máis que tratar de encubri-lo negocio privado con falsas expectativas de utilidade pública.

Así por exemplo, no que á xeración de emprego se refire, a explotación automatizada do aproveitamento non dá lugar á xeración de ningún posto de traballo estable e, o que á mellora das condicións de subministración eléctrica respecta, en primeiro lugar, nin os feitos demostran que haxa relación entre calidade de servicio e nivel de producción: a comunidade galega é unha das que peor calidade de servicio ten, -tanto urbano como rural-, a pesar de que exporta unha terceira parte de enerxía e a pesar dos graves impactos pagados por esa xeración.

4. Conclusións:

-Trátase dun proxecto de irreversibles, permanentes, irrecuperables e moi críticos impactos sobre o medio físico, flora e fauna.

-Trátase dun proxecto innecesario, pois xa xeramos enerxía dabondo para o abastecemento da poboación e dos niveis de industrialización actuais;

-As carencias de subministración a moitas zonas urbanas e á poboación rural non ten relación con

déficits na xeración de enerxía, senón cos intereses de mercado e de negocio das empresas eléctricas distribuidoras;

-O Esia é deficiente nun dobre senso: en non avaliar exhaustivamente tódolos impactos e en non cualificalos adecuadamente, e tamén en relacionar esta cualificación de impactos coa necesidade social do proxecto.

En función de todos estes argumentos entendemos que a declaración de impacto ambiental ten que ser totalmente negativa á execución do aproveitamento hidroeléctrico.