Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA-2/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 9 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento de plan parcial para o desenvolvemento dunha actuación urbanística no lugar de vidueiros, A Zapateira, promovida por Vallehermoso División Promoción, S.A., coa condición de que, logo da súa aprobación definitiva, emende o promotor do documento cantas indicacións se recollan no informe técnico municipal de data 27 de novembro de 2002.

Segundo.-Somete-la información pública, polo prazo dun mes de duración, o documento que contén o plan parcial e o expediente administrativo, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

Terceiro.-De conformidade co artigo 42.6º LSG, notifica-lo acordo de aprobación inicial ós propietarios afectados pola actuación urbanística derivada do plan parcial, na que a relación figura na páxina número 21 do expediente administrativo.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de información, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 13 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delgado de Urbanismo