Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA-1/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 25 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Parcial para o Desenvolvemento do Sector de Solo Urbanizable 4 «Vio», coa condición de que o promotor do documento emende, con anterioridade á aprobación defi

nitiva do documento, tódalas indicacións recollidas no informe técnico municipal de data 21 de novembro de 2002.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo adxudicatario.

A Coruña, 4 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo