Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación do servicio de lavandería (C.P. 1/2003 N), polo procedemento aberto mediante concurso, expediente anticipado de gasto e tramitación urxente.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 14 de marzo de 2002 da

Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de lavandería para os centros dependentes desta xerencia, área norte, nº expediente 1/2003 N.

2. Orzamento: 110.000 euros (2 anualidades).

3. Prazo de execución: dous anos desde a data de entrada en vigor do contrato. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto, expediente anticipado de gasto, tramitación urxente.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo os puntos 13 e 14 da cara que integra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no apartado 16 da cara, prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26, 1º andar, 36204 Vigo. Teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204-Vigo), antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no epígrafe 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26, 6ª planta, de Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do seu adxudicatario.

Vigo, 11 de decembro de 2002.

Angel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria de

Pontevedra-Vigo