Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.674

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

A base oitava da Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG do 28 de outubro), pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos, determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Formaranse catro comisións (dúas para a área de letras e dúas para a área de ciencias).

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións nela.

Terceiro.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento de funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós correspondentes corpos, que, de acordo co establecido na base oitava da Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG do 21 de outubro), poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros das comisións terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Área de letras, comisión número 1 (xeografía e historia, música e inglés):

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez.

Vocais:

Mª Jesús Yebra Folgueral.

Mª Teresa Pensado Castiñeiras.

José Ramón López Vázquez.

Agustín Villar Madarnas.

-Área de letras, comisión número 2 (lingua castelá e literatura, lingua e literatura galegas, latín, grego e francés):

Presidente: Emilio Pérez Sánchez.

Vocais:

Matilde Castro Cotón.

Josefina Lestón Tajes.

Xavier Mouriño Cajide.

Mª Asunción Acosta García

-Área de ciencias, comisión número 1 (matemáticas e debuxo)

Presidente: José Ramón Pereiró Rodríguez.

Vocais:

Francisco Javier Suárez Regueiro.

Juan Fernández Rey.

José Luis Hospido Rodríguez.

Pablo Porta Martínez.

-Área de ciencias, comisión número 2 (bioloxía e xeoloxía e física e química)

Presidente: Rosa Fca. Pérez Santiago.

Vocais:

Carlos Rodríguez Dacal.

Mª Consuelo Neira Suárez.

Mª Isabel Vallejo Novoa.

Mª Milagros López Becerra.