Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de decembro de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de equipos informáticos, a favor de diversas entidades locais para facilita-la implementación do portal dos concellos Eido Local.

No Decreto 147/2002, do 11 de abril, establécese como unha das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Administración Local, as relacións coas corporacións locais, así como o impulso na implantación das novas tecnoloxías na Administración local, incluíndo o desenvolvemento das accións de implantación do Portal Eido Local nas entidades locais galegas.

No exercicio destas competencias, esta Dirección Xeral de Administración Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, puxo en marcha o portal dos concellos Eido Local, como materialización desa implantación de novas tecnoloxías.

Co obxecto de colaborar e facilitarlles ás entidades locais a implantación do dito portal, esta dirección xeral, mediante a Orde do 31 de xullo de 2002, publicada no DOG do 20 de agosto do ano que estamos, anunciou medidas de apoio ás entidades locais de Galicia, consistentes na dotación de equipos informáticos destinados a facilita-la implementación do portal dos concellos Eido Local .

Con este fin a Dirección Xeral de Administración Local tramitou o expediente das cesión dos ditos equipos informáticos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e demais normas concordantes.

Por todo o exposto, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A cesión en propiedade dun equipo informático consistente nun ordenador Dévalo-Computers, cun procesador Pentium IV a 1,7 Ghz, memoria Ram de 256 Mb, placa de vídeo, monitor e DVD-ROM, a cada unha das entidades locais que se sinalan a continuación:

Provincia da Coruña: Ares, Arteixo, A Baña, Boiro, Boqueixón, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Cerdido, Coirós, Corcubión, A Laracha, Lousame, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Moeche, Monfero, Muros, Muxía, O Pino, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rois, Sada, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilasantar, Vimianzo. Provincia de Lugo: Baleira, Burela, Castro de Rei, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Foz, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Mondoñedo, Monterroso, Navia de Suarna, Pantón, Paradela, O Páramo, Pontenova, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Samos, Taboada, Trabada, Vilalba, Xove. Provincia de Ourense: Avión, Bande, Os Blancos, Boborás, O Bolo, Calvos de Randín, Cartelle, Castro Caldelas, Coles, Consorcio Contra Incendios e Salvamento de Valdeorras, Cortegada, Esgos, Laza, Maceda, Mancomunidade de Municipios de Xinzo de Limia, Melón, A Mezquita, Monterrei, Muíños, Oímbra, Pereiro de Aguiar,

Piñor, A Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, Sarreaus, A Teixeira, Toén, A Veiga, Verea, Verín, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Espadañedo. Provincia de Pontevedra: Baiona, Barro, Crecente, Entidade Local Menor de Bembrive-Vigo, Caldas de

Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Forcarei, Gondomar, O Grove, Meaño, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaránse ó fin previsto, tal e como establece o artigo 96 bis do Decreto 50/1989 e 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

b) Na cesión dos bens será de aplicación o establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 31 de xullo de 2002.

c) A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral de Administración local por delegación da secretaria xeral e o órgano competente das distintas entidades locais, debendo constar nela o acordo de cesión coa aceptación do cesionario.

Disposición derradeira.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a través do seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais