Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

Polo decreto da Alcaldía-Presidencia, do 14-11-2002, aprobouse a contratación, por concurso e procedemento aberto, dos servicios de desenvolvemento e mantemento da web institucional do Concello de Ferrol así como os pregos de cláusulas admi

nistrativas e condicións técnicas que rexerán o dito contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Organización Interna.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento e mantemento da web institucional do Concello de Ferrol, segundo o estudio de renovación da web municipal que figura como anexo ós pregos.

b) Lugar de execución: concello de Ferrol.

c) Prazo de execución: o prazo máximo para o desenvolvemento da web será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación do acordo da adxudicación; e o mantemento da web executarase durante o prazo de dous anos prorrogables por dous períodos anuais ata un total máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 42.000 A, IVE incluído, polo desenvolvemento da web, e 8.000 A, IVE incluído, anuais polo servicio de mantemento.

5. Garantía provisional: 1.160 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol. Organización interna.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol, 15402.

d) Teléfono: 981 33 67 00, extensión 175.

e) Telefax: 981 35 41 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo establece o punto quinto do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ferrol, das 9 ás 14 horas de luns a venres e os sábados das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación. Se o último día deste prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: achegarase a documentación especificada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro xeral do Concello de Ferrol.

2. Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol 15402.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das propostas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol, 15402.

d) Data e hora: comunicaráselles ós licitadores.

10. Outras informacións.

O expediente de contratación, xunto coa documentación técnica, poderá ser consultado na Sección de Organización Interna na casa do concello, das 9 ás 14 horas, de luns a venres a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Para máis información sobre as condicións ás que queda suxeito o dito contrato poderán dirixirse á citada sección a través do teléfono 981 33 67 00, extensión 175.

11. Gastos de anuncios.

O adxudicatario estará obrigado a paga-lo custo da publicación dos anuncios desta contratación.

Ferrol, 14 de novembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde