Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía, con data do 25 de marzo de 2002, dictou a seguinte resolución:

1. Requirir de Vivienda Confort que presente aval bancario suficiente en garantía do pagamento do prezo xusto da parcela 2 b) que ascende á cantidade de cinco mil cento corenta e sete euros, sen prexuízo do prezo xusto definitivo que resulte da tramtiación do expediente.

2. Incoar expediente de expropiación da parcela 2 b) afectada pola execución da vía proxectada entre a estrada de Eirís e o lateral e parte posterior da ubanización Los Arces.

3. Aproba-la seguinte relación de bens e dereitos afectados:

Parcela 2b).

Titular: Manuel Barbeito Barros.

Superficie: 53 m.

O que se fai público para xeral coñecemento, indicando que o expediente permanecerá a exposición pública durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación desta resolución e que se poderá consultar no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, de luns a venres das 12 ás 14 horas, e presentar cantas alegacións se consideren oportunas.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda