Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 167/02 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza-a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 19 de novembro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 167/02 IN.

Denunciado: Werner Fritz Pulow.

NIF: X-00807669-R.

Último enderezo coñecido: Coral, nº 16-S'Arenal. 07600. Illes Baleares.

Feito denunciado: abandono de vehículo. PM-7228-BD

Precepto infrinxido e sancionador: art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DGM e MAN.

Sanción: 300,51 A.