Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de novembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Trasdomonte, pertencente á parroquia da Madanela de Montes, concello de Forcarei.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19 de marzo de 1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Forcarei.

Parroquia: A Madanela de Montes.

Nome do monte: Trasdomonte.

Cabida: 538 ha (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: monte de Vilariño.

Sur: concellos do Irixo e Beariz, da provincia de Ourense, polo regato Balsada.

Leste: montes da parroquia de Zobra, concello de Lalín.

Oeste: propiedades particulares de Lodoselo e monte da Graña.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto

no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 13 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra