Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador S-75/02 incoado a Hostal Tablao Flamenco Satélite 22 (Javier Álvarez López).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle a Hostal-Tablao Flamenco Satélite 22 (Javier Álvarez López) o acordo de iniciación do expediente sancionador S-75/02 por parte do delegado provincial de Sanidade de Lugo, do 2 de outubro de 2002, despois de terse intentado a notificación por dúas veces no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado, para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto, nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, con enderezo na rúa Montevideo nº 9, 27001-Lugo.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e achega-las probas que coide pertinente en defensa dos seus dereitos, no prazo de quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Notifícanse, así mesmo, a teor do establecido no artigo 78 da Lei de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, os nomeamentos como instructora do expediente a Mª Araceli Soutelo Ferro, e como secretaria a Natividad Abuín Vila, ámbalas dúas funcionarias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, para os efectos da recusación prevista no artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e para os efectos da abstención prevista no artigo 28 da mencionada lei.

Os datos persoais, preceptos infrinxidos, cualificación da infracción e prazo para formular alegacións figuran no anexo.

Lugo, 4 de decembro de 2002.

Dámaso López Rodríguez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: S-75/02.

1. Denunciado: Hostal-Tablao Flamenco Satélite 22 (Javier Álvarez López).

NIF: 33810169-P.

2. Último domicilio coñecido: r/ O Cereixal s/n, 27640-Becerreá, Lugo.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias dos establecementos dedicados á restauración colectiva

que teñen atribuída os funcionarios da Dirección Xeral da Garda Civil, Comandancia de Lugo, Compañía de Lugo, Posto de Navia de Suarna procedeuse á inspección do establecemento denominado Hostal-Tablao Flamenco Satélite 22 (Javier Álvarez López) e levantouse o oficio-denuncia nº 64 do 21 de setembro de 2002, no que se constata a existencia das seguintes irregularidades:

-A camareira e recepcionista do local carecen do carné de manipulador de alimentos.

Resultado da citada inspección, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo incoou expediente administrativo sancionador nº S-75/02 mediante resolución do 2 de outubro de 2002, por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables ós establecementos dedicados á restauración colectiva.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º 1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos; artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, os devanditos feitos constitúen unha infracción sanitaria que pode ser cualificada como leve e pode ser sancionada, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, con multa de ata tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 euros).

6. Prazo para formular alegacións: quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.