Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/167-2, 5954 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: A Coruña, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na Vilerma e Rosende.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con lonxitude de 0,19 km con orixe na L.M.T. Sarria-Portomarín, conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Rosende. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T.A. lonxitude de 1,28 km con orixe no C.T. de Rosende e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo