Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/166-2, 5952 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desvío inst. eléct. en campo da feira.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con lonxitude de 0,105 km con orixe na L.M.T. a C.T. campo da feira conductor tipo R.H.V. e final no C.T. proxectado campo da feira. C.T. prefabricado en campo da feira con potencia de 400 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en campo da feira con lonxitude de 0,19 km con orixe no C.T. proxectado campo da feira e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo