Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
Obra: Mondoñedo.-Rexeneración do pavimento C.L. de Sasdónigas, por Maariz a Mondoñedo; p.q. 0,000 ó 5,500.
Orzamento contrata: 158.374,89.
Prazo execución: 3 meses.
Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala o comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Teléfono: 982 26 00 78.
e) Fax: 982 26 01 67.
f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
clasificación: a que sinala no encabezamento (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo; o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.
1. Entidade: Deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) Verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: deputación.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 9 de decembro de 2002.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo