Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica encargada da actualización cartográfica do termo municipal de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: servicios centrais da xerencia.

c) Expediente: 132/407.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: asistencia técnica para a actualización cartográfica do termo municipal de Vigo.

b) Prazo do contrato: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 60.000 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei, s/n (fronte á casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: véase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Presidente