Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 13/2002.

2. Obxecto do contrato: venda das seguintes parcelas do polígono industrial de Afieiras:

-Parcela número 8-1-B para carpintería de madeira.

-Parcela número 8-2-A para fábrica de ferramentas manuais agrícolas e de obras.

3. Forma de adxudicación: poxa, procedemento restrinxido e tramitación ordinaria.

4. Orzamentos base de licitación:

-Para a parcela 8-1-B: 10.220 euros.

-Para a parcela 8-2-A: 82.219 euros.

5. Presentación de solicitudes de participación: os licitadores presentarán as solicitudes de participación en sobre pechado no rexistro xeral da Secre

taría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil), coa documentación que figura na cláusula 7ª do prego.

6. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 10 de decembro de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde