Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 12/2002.

2. Obxecto do contrato: venda da parcela P-1 do polígono industrial de Mirallos, para a actividade de fábrica de elaboración de pescado.

3. Forma de adxudicación: poxa, procedemento restrinxido e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 19.500 euros.

5. Presentación de solicitudes de participación: os licitadores presentarán as solicitudes de participación en sobre pechado no rexistro xeral da Secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil), coa documentación que figura na cláusula 7ª do prego.

6. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 10 de decembro de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde