Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 2 de decembro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación nº 2 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento, segundo documentación redactada polo arquitecto José Díaz de la Iglesia con visado colexial do 26 de xuño de 2002.

Segundo.-Notificárlle-lo acordo de aprobación ós interesados no expediente, publicalo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no que se publicará tamén o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Terceiro.-Insta-lo secretario do concello á dilixencia do expediente, na que se faga consta-la aprobación definitiva recaída.

Cuarto.-Comunicarlle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda este acordo e darlle traslado ó mesmo tempo dunha copia compulsada do expediente e de dous exemplares do proxecto con tódolos planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde esta publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cangas, 9 de decembro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde-presidente