Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, do 26 de novembro de 2002, referente á convocatoria de tódalas prazas pertencentes á oferta de emprego público do Concello de Cambre para o ano 2002.

O BOP da Coruña número 283, do 11 de decembro de 2002, publica as bases xerais e específicas que a continuación se indican:

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante concurso-oposición por promoción interna, dunha praza vacante de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C.

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de tres prazas vacantes de auxiliar administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo D.

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de catro prazas vacantes de garda da policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, grupo D.

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de conserxe, pertencente á escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E.

Convocatoria para a contratación laboral fixa dunha praza vacante de oficial de obras, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios correspondentes ás convocatorias anteriores publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Cambre, 12 de decembro de 2002.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde