A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o pasado día 8 de outubro de 2002, acordou aprobar definitivamente o expediente de proxecto de urbanización da unidade de execución integral UEI-5a, sita nas Cascas, por instancia de Agustín Concheiro Riande en representación de KBLAR Investimentos, S.L. Contra este acordo poderase interpoñe-lo seguinte recurso:
Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación.
Betanzos, 13 de novembro de 2002.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde