Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002 pola que se anuncia o concurso público 8/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos expedientes que se citan.

* Subministracións.

Expediente 2002/1027.

Obxecto: equipamento laboratorio de determinacións ambientais, sistema de fraccionamento e limpeza de mostras.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 124.120 euros.

Expediente 2002/1028.

Obxecto: laboratorio de análise orgánica e inorgánica. Sistema de subministración de aire comprimido ultraseco e almacenamento de líquido crioxénico.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 151.984 euros.

Expediente 2002/1029.

Obxecto: servicios de rede para o control de acceso e vídeo do edificio universitario de Servicios de Investigación.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 79.500 euros.

Expediente 2002/1030.

Obxecto: activos da rede de voz e datos do edificio universitario de Servicios de Investigación.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 194.500 euros.

Expediente 2002/1031.

Obxecto: dispositivos de ampliación do sistema de almacenamento na rede de datos de investigación.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 91.000 euros.

Expediente 2002/1033.

Obxecto: sistema de pesada de micromostras ambientais.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 50.936 euros.

Expediente 2002/1034.

Obxecto: sistema de liofilización de mostras ambientais.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 47.522 euros.

Expediente 2002/1035.

Obxecto: sistema dixestión de minerais por microondas.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 80.481 euros.

Expediente 2002/1036.

Obxecto: sistema de pesada de substancias en cápsulas.

Centro e localidade: rectorado (SXAIN) A Coruña.

Importe da licitación: 186.300 euros.

* Servicios.

Expediente 2002/4016.

Obxecto: contratación de seguro de vida para o persoal docente e investigador da universidade.

Centro e localidade: rectorado.

Importe da licitación: 127.395,59 euros.

Expediente 2002/4017.

Obxecto: contratación de seguro de enfermidade para o persoal laboral da universidade.

Centro e localidade: rectorado.

Prezo unitario: 360,61 euros.

Importe anual estimativo: 108.183 euros.

* Obras.

Expediente 2002/3011.

Obxecto: enxeñería e instalación da sala branca.

Centro e localidade: (SXAIN). Laboratorio de determinacións ambientais. A Coruña.

Importe da licitación: 125.000 euros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Maestranza, 9.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro xeral.

2. Enderezo: rúa Maestranza, 9.

3. Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 13 de decembro de 2002.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente da Universidade da Coruña