Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.469

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo e de nova creación dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza dotados orzamentariamente, cómpre a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordenadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispón convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non rematasen o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo código de centro de destino, pola relación de postos de traballo, polo número de orde do posto de traballo e polo literal correspondente a estes códigos. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde o nomeamento no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57 c) do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios en servicio activo con destino provisional estarán obrigados a participar neste concurso.

No caso de que non obtivesen destino en concurso, atribuiráselle-lo desempeño provisional dun posto correspondente ó seu corpo.

3. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996 (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorresen dous anos como mínimo desde que fosen declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde o nomeamento no seu último destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34 a) do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie concurso para vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala (artigo 44.3º do Regulamento orgánico).

6. Regulación do dereito de preferencia establecido no artigo 44.3º do Regulamento orgánico. Dado que a preferencia estende os seus efectos a tódalas prazas dunha localidade determinada, para exerceren este dereito terán que solicitar tódalas vacantes que se oferten na localidade para a que se exerce a preferencia e agruparen estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, e ordenaren o resto dos postos pedidos sen preferencia, a seguir. Igualmente, deberán solicitalo na súa instancia especificando a provincia ou municipio do último destino servido en propiedade e de forma definitiva, achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia.

Non se terá en conta a preferencia se non se solicitan tódolos postos de traballo da localidade de que se trate nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, se non especifica que desexa acollerse á preferencia na instancia no epígrafe correspondente e se non achega fotocopias compulsadas dos documentos aludidos no parágrafo anterior.

7. Non poderá adxudicarse ós funcionarios un posto de traballo correspondente ó mesmo centro onde se atopen destinados, coa excepción prevista no artigo 52 c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó regula-la reordenación de efectivos.

8. O funcionario ó que se lle adxudicou de forma forzosa un posto de traballo por motivo de reordenación de efectivos prevista no artigo 52 do Regulamento orgánico, poderá participar nos concursos de traslado, aínda cando non trancorrese o prazo dun ano que esixe o artigo 57 c) do Regulamento orgánico. Pola súa vez, terán dereito preferente, por unha soa vez, para obteren outro posto de traballo no propio centro con ocasión do concurso ordinario no que se ofreza e tomando parte neste. Para isto deberán solicitar nos primeiros lugares de orde de

preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ó centro de traballo para o que desexan acollerese á devandita preferencia. No caso de que así non o fixesen perderán, para o presente concurso, o dereito preferente que lle recoñece o devandito artigo 52 c).

9. Rematado o prazo de presentación de instancias, publicarase nos taboleiros de anuncios da xerencia desta comunidade, audiencias provincias e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha relación de admitidos e excluídos deste concurso, así como os motivos de exclusión.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma:

1. Antigüidade.

Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma.

Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma ou homologación do título achegado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: 2 puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: 4 puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: 6 puntos.

Os devanditos cursos non terán carácter acumulativo.

Os documentos que se acheguen, acreditativos destes coñecementos de idioma, deberán ser fotocopias compulsadas. Non se valorarán os que non cumpran este requisito.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado

o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II da presente resolución, e prestarán especial atención en cubriren tódolos puntos que se lles esixan, no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultánea, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 alínea a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que desexen solicitar prazas ofertadas neste concurso e que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución, e prestarán especial atención en cubriren tódolos puntos que se lles esixan, no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultánea, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de

Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar neste concurso, como os excedentes forzosos aínda que tiveren un destino provisorio, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo, os participantes con destino provisorio por teren reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución, e prestarán especial atención en cubriren tódolos puntos que se lles esixan, no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultánea, dirixida á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio

administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario: neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, xeren

cias territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (edificio administrativo San Caetano s/n 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado: neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidese acreditar tal aspecto.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadirán á súa solicitude declaración de non ter sido separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas fóra do territorio desta comunidade autónoma e que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta se realicen e se publiquen nos boletíns oficiais doutras comunidades autónomas con competencias transferidas ou polo Ministerio de Xustiza.

Do mesmo modo, mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes. No caso de presentaren dúas instancias nas que soliciten destinos en dous corpos distintos, serán anuladas as dúas solicitudes e quedará, por tanto, o funcionario excluído da participación no concurso.

7. Ó resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo.

8. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, polo que, neste caso, non será posible modifica-la instancia nin renunciar á participación no concurso.

9. No caso de discrepancia entre a transcrición do código informático dun posto concreto e o seu literal, prevalecerá este último, é dicir, a denominación do posto. Soamente quedará anulada a petición no caso de que se tivese omitido a denominación do posto, aínda que se tivese indicado o código.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous fun

cionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de ámbolos dous obteren destino na mesma provincia, e entenderanse no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ambos. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadise a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ambos.

Os funcionarios que se acollan a esta base, deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, e po-lo resto dos non condicionados a seguir.

Sexta.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde escalafonal do funcionario.

Sétima.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Oitava.-Resolución e prazo posesorio.

1. A presente convocatoria resolverase por resolución provisional do director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, de xeito que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como do Tribunal Superior de Xustiza e das audiencias provinciais. Simultáneamente á resolución provisional, exporase nos devanditos taboleiros a relación de admitidos e excluídos, coas causas de exclusión.

2. A resolución provisional expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra a resolución provisional do concurso, pola que se resolve o concurso de traslado e a relación de admitidos e excluídos poderanse formular alegacións no prazo de dez días naturais desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, ante a autoridade a quen dirixiu a petición de participación neste concurso, utilizando para isto o modelo que se xunta á presente convocatoria como anexo III.

Unha vez resoltas as alegacións, publicarase a resolución definitiva do concurso.

4. Os prazos posesorios especificaranse na resolución definitiva do concurso.

5. Se non se lograra a simultaneidade de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia co BOE, os prazos contaranse desde o día seguinte ó da publicación no BOE.

6. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias de que estean desfrutando os funcionarios, agás que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Novena.-Recursos.

Contra esta resoluciòn, que esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Oficiais

Comunidade Autónoma

de Galicia

Código

posto traballo

RPTNº ordeVacantes

Aud. Prov.-Secc. 2ª

A Coruña

92512002150013541

Xdo. Penal, nº 5

A Coruña

92525005150013532

1ª Inst. e Instr. nº 3

Santiago de Compostela

92523003157703541

1ª Inst. e Instr.

Chantada (Lugo)

92523000271603531

Vixilancia Penitenciaria

Pontevedra

92527000360013532

Aud. Prov.-Secc. 6ª

Vigo (Pontevedra)

92512006365603533

Xdo. 1ª Instancia nº 11

Vigo (Pontevedra)

92521011365603533

Xdo. 1ª Instancia nº 12

Vigo (Pontevedra)

92521012365603533

Xdo. Instrucción nº 7

Vigo (Pontevedra)

92522007365603532

1ª Inst. e Instr. nº 1

Caldas de Reis (Pontevedra)

92523001360503532

1ª Inst. e Instr. nº 1

Cambados (Pontevedra)

92523001360603542

1ª Inst. e Instr. nº 1

Lalín (Pontevedra)

92523001362403541

1ª Inst. e Instr. nº 2

Lalín (Pontevedra)

92523002362403532

1ª Inst. e Instr. nº 3

O Porriño (Pontevedra)

92523003363803532

1ª Inst. e Instr. nº 1

Tui (Pontevedra)

92523001365403541

Auxiliares

Comunidade Autónoma

de Galicia

Código

posto traballo

RPTNº ordeVacantes

TSXG-Sala Social

A Coruña

92511490150013551

Xdo. Instrucción nº 1

A Coruña

92522001150013551

Xdo. Penal nº 5

A Coruña

92525005150013544

1ª Inst. e Instr.

Ordes (A Coruña)

92523000155803551

1ª Inst. e Instr.

Padrón (A Coruña)

92523000156403551

Vixilancia Penitenciaria

Pontevedra

92527000360013543

Xdo. Penal, nº 3

Pontevedra

92525003360013541

Aud. Prov.-Secc. 6ª

Vigo (Pontevedra)

92512006365603545

1ª Instancia nº 11

Vigo (Pontevedra)

92521011365603544

Xdo. 1ª Instancia nº 12

Vigo (Pontevedra)

92521012365603544

Xdo. Instrucción nº 7

Vigo (Pontevedra)

92522007365603544

1ª Inst. e Instr. nº 3

O Porriño (Pontevedra)

92523003363803543

Axentes

Comunidade Autónoma

de Galicia

Código

posto traballo

RPTNº ordeVacantes

TSXG-S. Civil e Penal

A Coruña

92511460150013561

Fiscalía

A Coruña

92513600150013581

Xdo. Penal nº 5

A Coruña

92525005150013552

1ª Inst. e Instr. nº 1

Betanzos (A Coruña)

92523001150903561

1ª Inst. e Instr.

Ordes (A Coruña)

92523000155803561

Xdo. de Paz

Cee-A Coruña

92529000152303511

Xdo. Paz-Cerceda

(A Coruña)

92529000152403511

Xdo. Penal nº 1

Lugo

92525001270013551

S.C.N.E.

Pontevedra

92523212360013551

Xdo. Penal nº 2

Pontevedra

92525002360013551

Xdo. 1ª Instancia nº 12

Vigo (Pontevedra)

92521012365603551

Xdo. Instrucción nº 7

Vigo (Pontevedra)

92522007365603552

Xdo. Social nº 3

Vigo (Pontevedra)

92526003365603551

1ª Inst. e Instr. nº 3

O Porriño (Pontevedra)

92523003363803552

1ª Inst. e Instr. nº 2

Redondela (Pontevedra)

92523002364403541

1ª Inst. e Instr. nº 1

Tui (Pontevedra)

92523001365403561

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE