Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.449

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia,

grupo B, escala técnica de finanzas, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de quince (15) prazas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascenderá a sete (7) prazas, correspondente ó 46,66% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascenderá a oito (8) prazas. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acre

ditar tal condición xunto coa solicitude, acompañando así mesmo certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo/escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, ou de se-lo caso, da Administración correspondente.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota de reserva e pasará a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisionais que se publiquen. De non emenda-lo defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ó respecto.

I.1.4. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.1.5. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

I.1.6. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala técnica de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades será realizada polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre, para elixi-la especialidade correspondente.

I.1.7. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ó longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala técnica de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base VI.7 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de xestión de Administración ou corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) ou no grupo C (corpo administrativo e corpo de axudantes facultativos de Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

1.2.2.4. Ter aboados os dereitos de exame, de se-lo caso.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderá participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estar en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou con

dena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

1.2.3.7. Ter aboados os dereitos de exame, de se-lo caso.

1.2.3.8. Para persoas con minusvalidez, estar en posesión do documento xustificativo da discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente e así mesmo, do certificado á que fai referencia a base I.1.2.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e terán que manterse ata a toma de posesión como funcionarios.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo IV desta convocatoria. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e o disposto nas bases I.1.2 e I.2.3.8.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedido pola entidade bancaria correspondente ou, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo cuarto desta base e do disposto nas bases I.1.2 e I.2.3.8.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para os efectos da exención prevista na base II.1.6.

d) Así mesmo, os aspirantes con minusvalidez cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán presentar xunto coa solicitude certificación de compatibilidade coas función propias do corpo/escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais ou, de se-lo caso, da Administración correspondente, para acreditar que reúnen o requisito de aptitude para o desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o título de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achega-la declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12 en horario das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31.un da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, polo que se elevan os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 41,57 euros, e de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo

cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria, con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante, suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% ó que se refire a base I.1.2 deberán indicalo expresamente na solicitude especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme ó contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, pola que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2002, que en ningún caso desvirtuarán o contido das probas de valoración de aptitude dos aspirantes.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública, dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os

interesados decaeran en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes ós que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio, sen prexuízo do disposto no último parágrafo da base II.1.6.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro nesta, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, nesta convocatoria poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de cen (100) preguntas tipo test, máis tres preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e que este proporá para a súa realización. O seu temario figura no anexo I desta convocatoria.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate deste.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración farase pública, no lugar de realización do exercicio e nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), o modelo do test, indicando as respostas correctas.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días, desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun caso práctico proposto polo tribunal que será o resultante do sorteo levado a cabo entre dous elixidos previamente por este, sobre as materias sinaladas no anexo II desta convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 35 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 17,50 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez (10) preguntas proposto polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por este sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será dunha hora. A segunda parte consistirá en desenvolver, por escrito, no prazo máximo de catro horas dous temas extraídos ó chou de entre os que forman o contido do programa comprendido no anexo III. Os temas iranse desenvolvendo a intervalos de dúas horas cada un, realizándose sucesivamente, logo de chamamento do tribunal. Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo o seu autor, ou na súa imposibilidade, por rogo del e na súa presencia, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexa-la lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos, sendo necesario para superalo obter 17,50 puntos como mínimo, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte que se cualificará de 0 a 17,50 puntos e da segunda parte que se cualificará de 0 a 17,50 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 8,75 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios correspondentes a cada parte, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións, e non poderán acceder á lectura pública da segunda parte do exercicio os aspirantes que na primeira parte deste acaden unha puntuación inferior a 8,75 puntos.

II.1.6. Cuarto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións. Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

II.1.7. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.8. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.9. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.10. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a lectura da segunda parte do terceiro exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 pola que se publica o resultado do sorteo realizado o día 26 de febreiro (DOG nº 47, do 6 de marzo), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2002.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se realizase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obte-lo seu nomeamento de funcionarios de carreira. O dito curso versará sobre as materias do programa desta convocatoria de proceso selectivo.

O curso terá unha duración de 100 horas lectivas, distribuídas por especialidades da escala técnica de finanzas, e nel impartirase o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha delas.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Durante o período de realización do curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. Cualificarase de 0 a 10 puntos o curso, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase

mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das súas materias.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada na fase de oposición, dentro da especialidade, o último dos participantes nel. Se non o superan novamente perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento como funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Realizada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, de se-lo caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando fose necesario polo número de aspirantes.

A autoridade convocante publicará no DOG unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de quince días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe neste proceso selectivo terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións do tribunal será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo amplia-lo número delas só, por causa xustificada, a dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano-Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética á que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nos das súas delegacións territoriais e naqueloutros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre coma polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados á directora xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

VI.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que se fagan públicas no Diario Oficial de Galicia as listas de aprobados na fase de oposición, os opositores que superasen os exercicios e antes de iniciarse o curso selectivo,

deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, de se-lo caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria.

C. Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

D. Respecto das persoas que accedan pola cota de reserva á que se refire a base I.1.2, e no caso de que o certiticado de minusvalidez sufrise modificacións con respecto ó inicio do procedemento, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá documento acreditativo sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións ó órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, ou, de se-lo caso, da Administración competente.

VI.2. Os que tivesen a condición de funcionario de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas ou de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas, mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso selectivo ó que se refire a base III.

VI.5. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala técnica de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación acadada no curso selectivo.

VI.6. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo, deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta daqueles.

VI.7. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen este proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VI.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VI.5 unha vez aplicado o disposto na base VI.7.

VI.9. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VI.10. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no

Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Dereito civil e mercantil. Dereito constitucional e administrativo

Dereito autonómico. Economía xeral

Tema 1. O concepto de persoa. Clases de persoas. Persoas naturais: nacemento e extinción. Persoas xurídicas: concepto, natureza e clases. Constitución e extinción das persoas xurídicas. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición e perda da nacionalidade española. Veciñanza civil.

Tema 2. Organización económica da sociedade conxugal. O sistema económico-matrimonial no Código civil e na Lei do dereito civil de Galicia. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación nas ganancias. O réxime de separación de bens.

Tema 3. A filiación: concepto e clases. As accións de filiación. A adopción. A patria potestade. A emancipación. A tutela, a curadoría e o defensor xudicial.

Tema 4. Os dereitos reais: concepto e clases. Diferencias entre os dereitos reais e os dereitos de crédito. A propiedade. Modos de adquirir e perde-la propiedade. A posesión. O usufructo. A servidume. O Rexistro da Propiedade.

Tema 5. Os dereitos reais de garantía: concepto e clasificación. Hipoteca. Peñor. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento.

Tema 6. A obriga: concepto e clases. Fontes da obriga. Proba das obrigas. Influencia do tempo nas relacións xurídicas.

Tema 7. O contrato: concepto e clases. Elementos dos contratos. Xeración, perfección e consumación dos contratos. Ineficacia dos contratos. Interpretación e forma dos contratos.

Tema 8. A compravenda: concepto e elementos. Contido da compravenda. A permuta. O contrato de arrendamento: concepto e clases. O arrendamento de predios urbanos. O arrendamento de predios rústicos.

Tema 9. A doazón: concepto e clases. Elementos da doazón. Efectos da doazón. Revogación e reducción de doazóns. A sucesión mortis causa: concepto e clases. A herdanza: concepto e situacións en que pode atoparse a herdanza. A apartación.

Tema 10. Aceptación da herdanza. Herdeiro e legatario. A sucesión testamentaria: concepto, caracteres e clases de testamentos. Sucesión forzosa. A sucesión intestada. A sucesión contractual. Especial referencia ó dereito civil de Galicia.

Tema 11. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Conservación dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: contas anuais. O Rexistro Mercantil.

Tema 12. A empresa mercantil. O empresario individual: capacidade e prohibicións. Proba, adquisición e perda da cualidade de empresario. Exercicio do comercio por persoa casada. O empresario extranxeiro.

Tema 13. As sociedades mercantís: concepto e clasificación. Requisitos de constitución das sociedades mercantís. A sociedade unipersoal. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade de responsabilidade limitada: principais notas do seu réxime xurídico.

Tema 14. A sociedade anónima: concepto e caracteres. Fundación. Escritura social e estatutos. Accións e obrigas. Órganos da sociedade anónima.

Tema 15. A disolución das sociedades mercantís. Liquidación e división. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís.

Tema 16. Os títulos valores: concepto e clasificación. Os títulos nominativos, á orde, ó portador e de tradición. A letra de cambio: concepto e requisitos formais. O endoso. A aceptación. O pagamento da letra. As excepcións cambiarias.

Tema 17. As obrigas mercantís: características xerais. Os contratos mercantís: concepto e clases. Perfección, forma e proba dos contratos mercantís. Influencia da alteración das circunstancias nos contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

Tema 18. O contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O contrato de transporte. O contrato de seguro. O arrendamento financeiro. O renting. O factoring.

Tema 19. A suspensión de pagamentos: concepto e requisitos. Efectos da declaración de suspensión de pagamentos. A solución da suspensión de pagamentos: o convenio. A creba: concepto, requisitos e clases. Efectos da declaración da creba. Órganos da creba. Solución da creba.

Tema 20. Os contratos bancarios: concepto e clasificación. Operacións bancarias de mediación.

Tema 21. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. O Banco Central Europeo. O ordenamento xurídico comunitario: fontes. Os órganos xudiciais da Unión Europea. Acta Única Europea.

Tema 22. O orzamento da UE. Os instrumentos financeiros. Fondos estructurais e iniciativas comunitarias.

Tema 23. A Constitución española de 1978: características e estructura. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. A reforma constitucional.

Tema 24. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. Leis orgánicas. Leis ordinarias. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto, caracteres e clases. Límites dos regulamentos. Regulamentos ilegais.

Tema 25. Concepto de Administración pública. Tipos de entes públicos. Formas de xestión dos servicios públicos. Xestión directa. Xestión indirecta: a concesión administrativa de servicios públicos.

Tema 26. As potestades administrativas: concepto e clases. O acto administrativo: concepto e caracteres. Diferentes clasificacións dos actos administrativos.

Tema 27. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, fin e forma. A motivación e comunicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 28. Eficacia do acto administrativo. Executoriedade dos actos administrativos. Validez e invalidez do acto administrativo. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 29. A Lei de contratos. Ámbito de aplicación. Requisitos para contratar coa Administración. Actuacións administrativas preparatorias. Procedemento e forma de adxudicación. Perfección dos contratos.

Tema 30. Execución dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción dos contratos. Os contratos en particular: obras, subministracións, prestación de servicios á Administración.

Tema 31. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidade das autoridades e funcionarios.

Tema 32. O procedemento administrativo: concepto e fins do procedemento. Principios xerais e ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Características, elementos e fases do procedemento administrativo común. Trazos esenciais dos procedementos especiais.

Tema 33. Os recursos administrativos: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición.

Tema 34. A xurisdicción contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdicción contencioso-administrativa. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación e defensa. Trámites previos á interposición do recurso contencioso-administrativo. Idea xeral do proceso contencioso-administrativo. Recursos contra sentencias.

Tema 35. A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. As comunidades autónomas: estructura e competencias.

Tema 36. Os ordenamentos autonómicos. Relación co ordenamento estatal. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: caracteres, contido e procedemento de reforma.

Tema 37. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 38. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 39. O goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 40. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 41. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

Tema 42. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas.

Tema 43. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencia e de delegación.

Tema 44. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica. A Administración institucional.

Tema 45. A Consellería de Economía e Facenda: organización e competencias. As delegacións territoriais de Economía e Facenda: organización e competencias. As oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

Tema 46. A función pública galega. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Persoal laboral. O convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 47. As entidades municipais. As entidades provinciais.

Tema 48. A actividade económica. Sistemas económicos. Tipos de organización da actividade económica. Funcións dun sistema económico.

Tema 49. A renda nacional: concepto e métodos de estimación. A contabilidade nacional. Natureza e fins. A análise input-output. Relacións sectoriais.

Tema 50. O diñeiro: concepto e funcións do diñeiro. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

Tema 51. O sistema financeiro. O banco central. Os bancos comerciais. As caixas de aforros: competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. Outros intermediarios financeiros.

ANEXO II

Contabilidade, matemática financeira e estatística

I. Contabilidade.

1. Constitución, distribución de beneficios, aumento e reducción de capital, financiamento, transformación, fusión, absorción, escisións e disolución de empresas individuais e sociais.

2. Suspensión de pagamentos e crebas.

3. Operacións de exercicio, regularización e formulación de estados contables en empresas comerciais, sen ou con seccións sucursais, vendas ó contado, a crédito, a prazos, ó retallo, comercio en comisión e en participación entre nacionais e co extranxeiro.

II. Matemática financeira.

Capitalización simple e composta: rendas, préstamos e empréstitos.

III. Estatística.

Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Programa de dereito financeiro, orzamentario e tributario

Tema 1. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

Tema 2. O dereito orzamentario: concepto e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma.

Tema 3. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma: elaboración, aprobación. Estructura orzamentaria. Os créditos orzamentarios.

Tema 4. As modificacións orzamentarias. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Anulación de remanentes. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

Tema 5. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 6. Xestión dos gastos de persoal. A Seguridade Social dos empregados públicos.

Tema 7. Xestión de gastos contractuais. Nacemento de obrigas. Cumprimento, recoñecemento da obriga, xustificación e extinción.

Tema 8. Xestión de gastos de transferencias. Subvencións: concepto, natureza e clasificación. Procedemento de concesión e pagamento. Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delicto subvencional.

Tema 9. O tesouro público. Funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos a xustificar e anticipos de caixa fixa. Ingresos orzamentarios. Previsións. Fases de execución do orzamento de ingresos. Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

Tema 10. O Plan Xeral de Contabilidade Pública. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da Comunidade Autónoma. Documentos que a integran. Formación e remisión. Exame e comprobación. Aprobación.

Tema 11. O control interno da actividade económico-financeira do sector público autonómico. Concepto, clases e ámbito. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. Organización e funcións. O control previo de legalidade de ingresos, de gastos e pagamentos. Momentos de exercicio. Omisión da intervención.

Tema 12. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases. Informes de control: clases e efectos. O control financeiro permanente. O control financeiro de subvencións e axudas públicas. O control das subvencións comunitarias. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro. Clases de auditoría. Normas de auditoría do sector público.

Tema 13. O control externo da actividade económico-financeira do sector público estatal. O control parlamentario. O control do Consello de Contas e do Tribunal de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións.

Tema 14. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. Principios do ordenamento tributario español: a Lei xeral tributaria e a Lei de dereitos e garantías dos contribuíntes. Aplicación e interpretación das normas tributarias.

Tema 15. Os tributos: concepto e clasificación. Os impostos: clases. Feito impoñible. Non suxeición e exención. Devengo. Prescrición.

Tema 16. Suxeitos pasivos. Responsables. Retención. Repercusión. Capacidade de obrar. Representación. Domicilio fiscal. O NIF.

Tema 17. Base impoñible. Réximes de determinación. Comprobación de valores. Base liquidable. Tipos de gravame. Cota e débeda tributaria.

Tema 18. O procedemento de xestión tributaria. Iniciación. A declaración tributaria. Comprobación, investigación e obtención de información. A proba.

As liquidacións. A notificación. A consulta tributaria.

Tema 19. A extinción da obriga tributaria. O pagamento. A prescrición. Outras formas de extinción. As garantías.

Tema 20. A recadación dos tributos. O procedemento de constrinximento: natureza, características e fases. Organización recadadora da Xunta de Galicia.

Tema 21. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 22. Infraccións tributarias: concepto e clases. Sancións tributarias. Delictos contra a Facenda pública. Contrabando.

Tema 23. A revisión dos actos en vía administrativa: o recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas. Suspensión dos actos impugnados. A tasación pericial contradictoria. Procedementos especiais.

Tema 24. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Rendementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 25. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II): ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. Base liquidable. A cota íntegra e líquida estatal. O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto. O imposto sobre a renda de non residentes.

Tema 26. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 27. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible.

Tema 28. O imposto sobre sociedades (II): período impositivo e devengo do imposto. Tipo de gravame e cota íntegra. Deduccións para evita-la dobre imposición. Bonificacións. Deduccións por investimentos. Pagamento fraccionado. Réximes tributarios especiais: especial referencia ós incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. Xestión do imposto.

Tema 29. O imposto sobre sucesións e doazóns (I): feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible: normas especiais sobre adquisicións mortis causa.

Tema 30. O imposto sobre sucesións e doazóns (II): normas especiais sobre adquisicións gratuítas inter vivos e en materia de seguros. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devengo e prescrición.

Tema 31. O imposto sobre sucesións e doazóns (III): normas especiais sobre o dereito de usufructo, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, partición e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 32. O imposto sobre o valor engadido (I): concepto e natureza. Feito impoñible e supostos de non suxeición. Exencións. Suxeito pasivo. Devengo. Base impoñible. Tipos de gravame.

Tema 33. O imposto sobre o valor engadido (II): débeda tributaria. Liquidación, deduccións, devolucións. Réximes especiais.

Tema 34. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I): transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 35. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II): operacións societarias: feito impoñible, base impoñible, suxeito pasivo. Actos xurídicos documentados.

Tema 36. A tributación sobre o xogo: máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Especial referencia á lexislación autonómica.

Tema 37. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras; o imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos; o imposto especial sobre a electricidade. Outros impostos especiais: o imposto especial sobre determinados medios de transporte.

Tema 38. Os tributos propios: ICA e canon de saneamento. Taxas e prezos. Lei de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 39. O financiamento das comunidades autónomas (I). Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común.

Tema 40. O financiamento das comunidades autónomas (II). O Fondo de Compensación. Financiamento da Unión Europea. Outros recursos de carácter finalista.

Tema 41. O sistema tributario local. A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e características. Os impostos municipais potestativos e obrigatorios. Outros recursos.

Instruccións para o/a interesado/a

para cumprimenta-lo anexo IV

* Instruccións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de se-lo caso.

* Instruccións particulares.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo B. Corpo de xestión de Administración, escala técnica de finanzas.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

ANEXO VI

Don/a... con domicilio en... e con DNI/pasaporte... declara baixo xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de..., que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade),... de... de 200..