Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a

oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia,

grupo A, escala superior de finanzas, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de doce (12) prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polos sistemas de promoción interna e acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascende a seis (6) prazas, correspondente ó 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascende a seis (6) prazas. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por persoa con minusvaidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición xunto coa solicitude, acompañando así mesmo certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo/escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, ou de se-lo caso, da Administración correspondente.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota de reserva e pasará a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

1.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisionais que se publiquen. De non emenda-lo defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ó respecto.

1.1.4. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea

e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.1.5. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

I.1.6. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala superior de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades será realizada, polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre, para elixi-la especialidade correspondente.

I.1.7. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ó longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base VI.7 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo A (corpo superior ou corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia) ou no grupo B (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio da Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

1.2.2.4. Ter aboados os dereitos de exame, se é o caso.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europa, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

1.2.3.7. Ter aboados os dereitos de exame, se é o caso.

1.2.3.8. Para persoas con minusvalidez, estar en posesión do documento xustificativo da discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente e así mesmo, do certificado á que fai referencia a base I.1.2.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e terán que manterse ata a toma de posesión como funcionarios.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo IV desta convocatoria. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, se é o caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalía, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e do disposto nas bases I.1.2. e 1.2.3.8.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedido pola entidade bancaria correspondente ou, se é o caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo cuarto desta base e do disposto nas bases I.1.2 e I.2.3.8.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para os efectos da exención prevista na base II.1.7.

d) Así mesmo, os aspirantes con minusvalidez cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán presentar xunto coa solicitude certificación de compatibilidade coas función propias do corpo/escala emitida polos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais ou, se é o caso, da administración correspondente, para acreditar que reúnen o requisito de aptitude para o desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o título de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achega-la declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 ás 19 horas de luns a venres e de 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31.un da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, polo que se elevan os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 47,54 A e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso facilitaráselles ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse

cos códigos que figuran no referido anexo V. Non

obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria, con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

1.3.3. Os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% ó que se refire a base I.1.2 deberán indicalo expresamente na solicitude especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, pola que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2002, que en ningún caso desvirtuarán o contido das probas de valoración de aptitude dos aspirantes.

I.3.4. Na solicitude os aspirantes deberán indica-lo grupo de materias correspondente á parte específica do programa, dos tres contidos no anexo I, polo que optan para a realización do primeiro exercicio. Soamente poderá optarse por un grupo de materias do programa das probas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión, e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figuraren na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes ós que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio, sen prexuízo do disposto no último parágrafo da base II.1.7.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, na presente convocatoria poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de 150 preguntas tipo test, máis tres preguntas de reserva, con catro respostas alternativas propostas polo tribunal, correspondentes ás partes común e específica do temario, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e que este proporá para cada un dos tres grupos de materias seguintes: materia xurídica, materia de economía xeral e materia de economía de empresa. O aspirante deberá optar expresamente por un só destes grupos de materias correspondentes á parte específica na súa instancia, segundo dispón a base I.3.4., figurando o seu temario no anexo I desta convocatoria. No caso de que non se exerza a opción entenderase que o aspirante opta pola materia xurídica.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate deste.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da realización farase pública, no lugar de realización do exercicio e nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), o modelo do test, indicando as respostas correctas.

O exercicio terá unha duración máxima de tres horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun caso práctico proposto polo tribunal que será o resultante do sorteo levado para efecto entre dous elixidos previamente por este, sobre as materias sinaladas no anexo II desta convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 30 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito, dun cuestionario de 15 preguntas proposto polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por este, sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será de tres horas. A segunda parte consistirá na realización, por escrito, dun caso práctico sobre liquidacións tributarias, que será o resultante do sorteo levado para efecto entre dous elixidos previamente polo tribunal. O tempo máximo de duración será de dúas horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter 15 puntos como mínimo, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte que se cualificará de 0 a 15 puntos e da segunda parte que se cualificará de 0 a 15 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 6 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) , unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

II.1.6. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer, de forma oral, catro temas, extraídos ó chou, durante un tempo máximo de 60 minutos. O primeiro tema corresponderá ás partes 1ª e 2ª do anexo III desta convocatoria, o segundo tema corresponderá á parte 3ª, e o terceiro e cuarto temas corresponderán á parte 4ª do mesmo anexo III.

Despois da extracción dos temas e antes de comeza-la súa exposición, concederase ata un máximo de dez minutos de tempo para que o aspirante elabore, en presencia do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar co aspirante por un tempo máximo de dez minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos sendo necesario para superalo obter alomenos 20 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) , unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

II.1.7. Quinto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse nos lugares que se consideren oportunos e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

Estarán exentos da realización do quinto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

II.1.8. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.9. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores, de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.10. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.11. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a realización do cuarto exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002, pola que se publica o resultado do sorteo realizado o día 26 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2002.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se realizase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anúlase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obte-lo seu nomeamento de funcionarios de carreira. O dito curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de proceso selectivo.

O curso terá unha duración de 200 horas lectivas, distribuídas por especialidades da escala superior de finanzas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha delas.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Durante o período de realización do curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. Cualificarase de 0 a 10 puntos o curso, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das materias del.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada na fase de oposición, dentro da especialidade, o último dos participantes nel. Se non o superan novamente perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento de funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Realizada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen ós novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de quince días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal, adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e a hora da realización do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinente, limitándose estes asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe neste proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións do tribunal será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base na causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano - Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, á que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nos das súas delegacións territoriais e naqueloutros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre coma polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados á directora xeral da Función Pública, especificando,

igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

VI.1. No prazo de vinte días naturais, contados dende o día seguinte a aquel no que se fagan públicas no Diario Oficial de Galicia as listas de aprobados na fase de oposición, os opositores que superasen os exercicios e antes de iniciarse o curso selectivo, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, se é o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria.

C. Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

D. Respecto das persoas que accedan pola cota de reserva á que se refire a base I.1.2, e no caso de que o certiticado de minusvalidez sufrira modificacións con respecto ó inicio do procedemento, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requerirá documento acreditativo sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións ó órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, ou, se é o caso, da Administración competente.

VI.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas ou de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da respon

sabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da fase de oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso selectivo ó que se refire a base III.

VI.5. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala superior de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación acadada no curso selectivo.

VI.6. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo, deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta daqueles.

VI.7. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VI.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VI.5 unha vez aplicado o disposto na base VI.7.

VI.9. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VI.10. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

a) Parte común:

Dereito comunitario.

Tema 1. A Unión Europea: obxectivos, natureza e fins. Nacemento e fases da súa evolución. Estado actual do proceso de unificación europea.

Tema 2. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía. Características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 3. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. Os órganos xudiciais da Unión Europea. O Banco Central Europeo.

Tema 4. As competencias da comunidade. Marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. Relacións entre competencia comunitaria e competencia nacional. Participación de entes territoriais non estables no proceso decisorio.

Tema 5. As liberdades básicas: libre circulación de mercadorías, persoas, servicios e capitais.

Tema 6. O orzamento da U.E. Os instrumentos financeiros. Fondos estructurais e iniciativas comunitarias.

Tema 7. Políticas comúns. Especial referencia á política de competencia e política agraria.

Dereito constitucional.

Tema 8. A Constitución española de 1978. Estructura. Características. A reforma constitucional.

Tema 9. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.

Tema 10. A Coroa. O Rei. O Tribunal Constitucional.

Tema 11. O Goberno. Composición. Funcións. Relacións con outros poderes.

Tema 12. O poder xudicial na Constitución.

Tema 13. Os dereitos e liberdades na súa configuración constitucional. Suspensión. Garantías.

Dereito autonómico.

Tema 14. Os principios da organización territorial do Estado: exame do artigo 2 da Constitución. As comunidades autónomas: a súa natureza. Os estatutos de autonomía: natureza e contido.

Tema 15. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

Tema 16. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 17. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 18. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 19. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 20. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas; en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 21. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 22. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. Especial referencia á Consellería de Economía e Facenda. A Administración consultiva: O Consello Consultivo de Galicia.

Tema 23. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Incompatibilidades. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

b) Parte específica:

I. Materia xurídica.

Dereito civil.

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O Código civil: antecedentes, estructura e contido. Lexislación civil complementaria. As fontes do dereito en xeral e no sistema xurídico positivo español.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes e problemas da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional. Os apéndices forais. A Compilación do Dereito Civil de Galicia: antecedentes, características e estructura.

Tema 3. A aplicación e interpretación das normas xurídicas. Os efectos da norma xurídica. A integración do ordenamento xurídico: a analoxía e a equidade.

Tema 4. A persoa: adquisición e perda da personalidade. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. As circunstancias modificativas da capacidade. Os estados civís. A incapacitación.

Tema 5. A nacionalidade. Veciñanza civil. Domicilio. Ausencia. O Rexistro Civil.

Tema 6. A persoa xurídica: regras xerais do Código Civil. As asociacións. As fundacións.

Tema 7. A representación. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. Prescrición. Caducidade.

Tema 8. Os bens: as súas clases. Bens mobles e inmobles. O patrimonio: concepto e clases.

Tema 9. O dereito da propiedade. Contido. Protección. Os modos de adquirir: teoría xeral. A doutrina do título e o modo.

Tema 10. A ocupación. A usucapión. A accesión.

Tema 11. A comunidade de dereitos e o condominio. A posesión.

Tema 12. Usufructo, uso e habitación. As servidumes.

Tema 13. Os dereitos reais de garantía. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie.

Tema 14. O dereito hipotecario: concepto e fontes. Trazos esenciais do sistema hipotecario español.

Tema 15. Os principios hipotecarios. Principio de inscrición. Principio de prioridade. Principio de tracto sucesivo. Principio de rogación.

Tema 16. Principio de legalidade. Principio de especialidade. Principio de fe pública rexistral.

Tema 17. A demarcación rexistral. Os libros do rexistro. O asento rexistral: concepto e clases. A cancelación. A nota marxinal.

Tema 18. A anotación preventiva: concepto e efectos xerais. Exame das recollidas no artigo 42 da Lei hipotecaria. Especial referencia á anotación preventiva de embargo.

Tema 19. A hipoteca: concepto, clases, requisitos e efectos. A prelación dos créditos tributarios e a súa relación co Rexistro da Propiedade.

Tema 20. A obriga. Concepto. Fontes. Clasificacións: unilaterais e sinalagmáticas; puras, condicionais e a termo; específicas e xenéricas; divisibles e indivisibles. Outras clasificacións.

Tema 21. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A compensación.

Tema 22. A condonación. A consignación. A perda da cousa. A confusión. A novación.

Tema 23. O contrato. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Contrato preliminar e de opción. A interpretación dos contratos.

Tema 24. Ineficacia dos contratos. Nulidade, anulabilidade e rescisión. Causas e efectos.

Tema 25. Contrato de compravenda. Elementos. A compra de cousa allea. As obriga do comprador.

Tema 26. As obrigas do vendedor. A entrega: teoría dos riscos. O saneamento. A permuta.

Tema 27. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións.

Tema 28. Normas xerais sobre o arrendamento. Arrendamento de cousas. Arrendamento de servicios. Arrendamento de obras. Principais especialidades en materia de arrendamentos de predios rústicos e de predios urbanos.

Tema 29. Contrato de sociedade. O mandato.

Tema 30. O préstamo. O precario. O depósito.

Tema 31. A fianza. Contratos aleatorios. Transacción.

Tema 32. Arbitraxe. Os case contratos. Obrigas que nacen da culpa ou neglixencia.

Tema 33. O enriquecemento sen causa. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 34. Dereito de familia: caracteres. O matrimonio: requisitos. Nulidade, separación e divorcio. Causas e efectos. As medidas provisionais.

Tema 35. Réximes económicos do matrimonio: o réxime económico matrimonial primario. A sociedade de gananciais. Constitución. Bens privativos e gananciais. Cargas e obrigas. Administración e disposición dos gananciais.

Tema 36. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. O réxime de separación. O réxime de participación. Os réximes económicos-matrimoniais nos dereitos forais. Especial referencia ó dereito galego.

Tema 37. Patria potestade. Filiación. Alimentos entre parentes.

Tema 38. Sucesión mortis causa. O testamento: requisitos comúns. Clases de testamento. Interpretación do testamento. Institución do herdeiro.

Tema 39. A partición da herdanza: as súas fases. Efectos da partición. As substitucións hereditarias.

Tema 40. As reservas. A testamentaría.

Tema 41. As lexítimas. A desherdación. A preterición.

Tema 42. Dereito de representación e de acrecer. A sucesión intestada. A sucesión contractual. Especial referencia ó Dereito Civil de Galicia.

Dereito mercantil.

Tema 43. O concepto do dereito mercantil. Os actos de comercio. Actos mixtos e actos de comercio por analoxía. As fontes do dereito mercantil.

Tema 44. A publicidade no dereito mercantil: O Rexistro Mercantil. Principios. Organización. Obxecto de inscrición.

Tema 45. O comerciante: concepto. O comerciante individual. Condicións de capacidade. O exercicio do comercio por estranxeiros. Os auxiliares do comerciante.

Tema 46. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social. Requisitos de constitución. A sociedade irregular.

Tema 47. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 48. A sociedade de responsabilidade limitada. Constitución. Réxime das achegas sociais. Órganos. Modificacións dos estatutos: ampliación ou reducción do capital social. Contas anuais. A sociedade unipersoal de responsabilidade limitada.

Tema 49. A sociedade anónima. Constitución. Patrimonio e capital social. Réxime das achegas. As reservas. As accións: clases.

Tema 50. Accións sen voto. Dereitos que confiren as accións ó seu titular. Transmisión das accións: pactos limitativos. Copropiedade, usufructo e pignoración das accións. Negocios da sociedade sobre as súas propias accións.

Tema 51. A modificación dos estatutos: aumento e reducción do capital social. Órganos da sociedade. Impugnación dos acordos sociais.

Tema 52. Contas anuais das sociedades anónimas. Verificación. Aprobación e publicación. Emisión de obrigas.

Tema 53. Disolución das sociedades mercantís: causas xerais e específicas das sociedades anónimas e de responsabilidade limitada. A liquidación das sociedades mercantís.

Tema 54. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís. A súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 55. Institucións de investimento colectivo. Sociedades anónimas laborais. Cooperativas. Sociedades de garantía recíproca. Agrupacións de interese

económico. Unións temporais de empresas. Sociedades e fondos de capital-risco.

Tema 56. A propiedade industrial. Patentes. Marcas. Outros dereitos de propiedade industrial.

Tema 57. Os títulos valores. A letra de cambio. Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O aval. Vencemento. Pagamento.

Tema 58. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 59. O cheque. Títulos ó portador e nominativos.

Tema 60. As obrigas e os contratos mercantís: disposicións xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil. Compravendas especiais.

Tema 61. O contrato de conta corrente. O contrato de comisión. Contrato de contas en participación. Depósito mercantil. Préstamo mercantil.

Tema 62. O leasing. O renting. O factoring. Os contratos de engineering ou transferencia de tecnoloxía. O contrato de axencia.

Tema 63. Os mercados de valores. Mercados primarios e secundarios de valores. As bolsas de valores: organización e xestión. Os contratos bolsistas. Os valores representados por anotacións en conta.

Tema 64. O sistema bancario; competencias autonómicas. O Banco de España. O crédito oficial. A banca privada. A caixa de aforros: especial referencia á normativa autonómica. Outros intermediarios financeiros.

Tema 65. Contratos bancarios. Contrato de apertura de crédito. Os bonos de caixa e certificados de depósito. Outros activos. Os contratos bancarios e a súa intervención no comercio internacional.

Tema 66. Operacións bancarias de mediación. Emisión de obrigas e accións. Operacións sobre hipotecas. Xiros e transferencias. Compensación bancaria. Depósitos pechados e abertos. As tarxetas de crédito.

Tema 67. Contrato de transporte terrestre. Os contratos do dereito mercantil marítimo; especial referencia ó fretamento e ó subfretamento. Os contratos do dereito da navegación aérea.

Tema 68. Contrato de seguro. Clases. Elementos. Contido obrigacional xeral. Os seguros de danos: características xerais; clases. Os seguros de persoas: clases e caracteres. Os seguros obrigatorios de responsabilidade civil.

Tema 69. Os estados de anormalidade do comerciante no cumprimento das súas obrigas: principios rectores e caracterización xeral. A suspensión de pagamentos: procedemento e efectos. O convenio: efectos; impugnación.

Tema 70. A quebra. Clases e requisitos da declaración de quebra. Efectos da declaración de quebra. A masa da quebra: delimitación. Reintegración e reducción. Tramitación xeral do procedemento. Prelación dos créditos. A reintegración do quebrado.

II. Materia de economía xeral.

Tema 1. A ciencia económica. A actividade económica. O obxecto e os problemas da economía. O método da ciencia económica.

Tema 2. Problemas centrais a toda organización económica. As posibilidades tecnolóxicas. A Lei dos rendementos decrecentes. Economía de escala. Lei dos custos relativos crecentes.

Tema 3. O pensamento económico dos clásicos. Fundamentos da economía marxista. O pensamento económico dos economistas neoclásicos.

Tema 4. O pensamento económico keynesiano.

Tema 5. Outras achegas ó pensamento económico: monetaristas, postkeynesianos e neomonetaristas. Situación actual das investigacións no campo da macroeconomía.

Tema 6. Magnitudes agregadas básicas: producto nacional, consumo e investimento, gasto nacional. Producto nacional bruto e producto nacional neto.

Tema 7. O sector público na contabilidade nacional. Contas e magnitudes.

Tema 8. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (I). Análise polo lado da demanda. Equilibrio no mercado de bens: a curva IS. Equilibrio no mercado de diñeiro: a curva LM.

Tema 9. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (II). Análise polo lado da demanda: obtención da curva de demanda, factores que explican a Lei da demanda decrecente.

Tema 10. O sector público, as transferencias ó sector privado e os impostos.

Tema 11. Efectos da política monetaria sobre os compoñentes da demanda agregada. Problemas de diagnóstico e retardos.

Tema 12. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (III). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación keynesiana. Equilibrio no modelo keynesiano.

Tema 13. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (IV). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación clásica. Diferencias co modelo keynesiano.

Tema 14. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (V). Equilibrio no modelo keynesiano. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 15. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VI). Equilibrio no modelo clásico. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 16. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VII). Equilibrio no modelo estático básico con oferta de traballo sensible ós cambios de nivel de prezos en menor medida que as variacións

de salarios. As políticas monetarias e fiscal no modelo estático básico.

Tema 17. Ampliación do estudio da función de demanda agregada do consumo privado. A teoría keynesiana.

Tema 18. O gasto, a renda relativa de Duessemberry, demanda de consumo, renda normal. A teoría da renda permanente de Friedman. A teoría do ciclo vital de Modigliani, Brumberg e Ando.

Tema 19. Ampliación do estudio da función de investimento. O criterio de valor do investimento. A taxa marxinal do capital, o tipo de xuro e a eficacia marxinal do investimento.

Tema 20. A función de aforro. A súa natureza. Equilibrio aforro-investimento. O papel do sector público na canalización do aforro.

Tema 21. Ampliación do estudio da demanda de diñeiro: a teoría cuantitativa clásica (Fisher). A formulación Cambridge. A preferencia pola liquidez keynesiana. A teoría cuantitativa moderna (Hicks, Friedman). O método de inventario aplicado á demanda de diñeiro (Baumol-Tobin).

Tema 22. Ampliación do estudio da oferta monetaria: definición M1, M2 e M3. O mecanismo de expansión monetaria. A oferta monetaria sensible ó xuro e a súa inserción no modelo estático clásico.

Tema 23. Un modelo de determinación da renda nunha economía aberta: a conta corrente e o equilibrio do mercado productivo. A conta de capital e o equilibrio da balanza de pagamentos. O axuste da balanza de pagamentos e a curva LM. Plan de acción para axusta-la balanza de pagamentos.

Tema 24. O axuste da balanza de pagamentos e a política monetaria. Introducción. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio fixo. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio fluctuante.

Tema 25. A política monetaria e a política fiscal ante as situacións de desequilibrio nunha economía aberta. Retardos e coordinación.

Tema 26. Nivel de emprego, salarios e prezos. Introducción. Nivel de emprego e salarios reais. Salarios monetarios e nivel de emprego na oferta do mercado de traballo. Salarios monetarios e nivel de emprego da demanda do mercado de traballo.

Tema 27. Os prezos e a política de rendas. O nivel de prezos e as súas variacións. As curvas de Philips e a política de rendas.

Tema 28. A inflación: o proceso inflacionista. Efectos da inflación.

Tema 29. A distribución da renda. Medición das diferencias persoais, espaciais e funcionais. O sector público e a función de distribución da renda.

Tema 30. O sistema financeiro (I). Estructura do sistema monetario. O Banco Central. As súas funcións.

Tema 31. O sistema financeiro (II). Os bancos comerciais e os intermediarios financeiros non bancarios. Variacións nas reservas bancarias. Controis indirectos e controis selectivos do crédito. Equilibrio nos mercados de activos.

Tema 32. O sistema financeiro (III). Os fluxos monetarios e a transmisión dos impulsos monetarios. O problema da causación inversa.

Tema 33. O sistema financeiro (IV). A análise da oferta monetaria. Os fluxos financeiros da economía. Integración de fluxos financeiros e os fluxos reais.

Tema 34. Teoría da demanda baseada no concepto de utilidade, utilidade total e utilidade marxinal. O comportamento do consumidor. Obtención da curva de demanda. Efecto renda e efecto substitución.

Tema 35. Teoría da demanda baseada nas curvas de indiferencia. As curvas de indiferencia. As súas características. O equilibrio do consumidor. As curvas de demanda. Efecto renda, efecto substitución. Distintos tipos de curvas de demanda.

Tema 36. Outros aspectos da teoría da demanda. A teoría da demanda baixo os supostos do equilibrio parcial. O excedente do consumidor. A teoría da preferencia revelada.

Tema 37. A función de producción. Curvas isocuantas e isocustos: concepto, características e obtención. Función de producción homoxénea. As curvas de producto a curto prazo: a Lei de rendementos decrecentes.

Tema 38. Os custos de producción (I). Concepto. Curto prazo: curvas de custos. Relacións e propiedades xeométricas das curvas de custo a curto prazo.

Tema 39. Os custos de producción (II). O longo prazo: curvas de custos. Economía e deseconomías de escala. Relacións entre curvas de custo a curto e longo prazo: dimensión óptima.

Tema 40. O mercado de competencia perfecta: a oferta. Características deste modelo de mercado. A curva de oferta da empresa a curto prazo. A curva de oferta da industria a curto prazo. A oferta a longo prazo da empresa e da industria.

Tema 41. O mercado de competencia perfecta. O prezo. O prezo do equilibrio. As elasticidades da oferta e a demanda. A estabilidade do equilibrio. O teorema da arañeira.

Tema 42. O monopolio da oferta (I). Concepto. Os ingresos e o prezo. O equilibrio. Discriminación de prezos. O monopolio con múltiples plantas.

Tema 43. O monopolio da oferta (II). Efectos do monopolio. A intervención sobre os monopolios. O monopolio con fins sociais. A política da marxe constante.

Tema 44. Outros modelos do mercado. O oligopolio: concepto. Tipos de interdependencia de oligopolistas. Teoría de comportamento oligopolístico. A competencia monopolística. O poder do monopolio.

Tema 45. A formación do prezo dos factores de producción. Introducción. As leis de distribución nun mercado de competencia perfecta. As leis de distribución en condicións monopolísticas.

Tema 46. Teoría económica do benestar. As condicións do óptimo. A curva de posibilidades de utilidade. A función de benestar social e o benestar económico.

Tema 47. Imperfeccións da competencia. Externalidades e fallos do mercado. Fundamento da intervención do sector público.

Tema 48. Equilibrio xeral. Explicación do funcionamento do equilibrio xeral a través da interacción de dous mercados e de tres mercados. Expresión analítica do equilibrio xeral.

Tema 49. Comercio internacional. Formulación clásica da teoría da vantaxe comparativa. A relación real de intercambio. As funcións de producción na teoría de comercio internacional.

Tema 50. O modelo de Heckscher-Ohlin. A dotación dos factores e a estructura productiva. Relacións entre prezos e factores de prezos de productos. Contrastacións empíricas.

Tema 51. A estructura do comercio mundial. Crecemento económico e comercio internacional. Formulacións teóricas.

Tema 52. A protección arancelaria. Métodos de protección.

Tema 53. A protección non arancelaria. A protección efectiva. A teoría da integración. Problemas de organización de comercio internacional.

Tema 54. A teoría do ciclo económico (I). Introducción. A teoría da innovación de Schumpeter. O modelo de Kaldor.

Tema 55. A teoría do ciclo económico (II). A interacción do multiplicador e o acelerador segundo Samuelson. A teoría de Hicks.

Tema 56. O crecemento económico (I). Introducción. Significación e medida do crecemento económico. Economías desenvolvidas e subdesenvolvidas.

Tema 57. O crecemento económico (II). A teoría do crecemento de Harrold-Domar. A teoría neoclásica do crecemento.

Tema 58. Estructura económica de España (I). O sector FAO: perfil histórico da política agraria en España: a estructura agraria actual. Breve estudio dos subsectores do sector FAO.

Tema 59. Estructura económica de España (II). O sector industrial: etapas do proceso de industrialización español. O sector público industrial. Problemas actuais da política industrial.

Tema 60. Estructura económica de España (III). O sector industrial: o sector enerxético. As industrias extractivas. A siderurxia. A construcción naval. A industria da construcción e a política da vivenda.

Tema 61. Estructura económica de España (IV). Sistema financeiro. O Banco de España. Entidades oficiais de crédito. A banca privada. As caixas de aforro.

Tema 62. Estructura económica de España (V). As entidades de seguros. Outros intermediarios financeiros. A bolsa.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. A sociedade anónima (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O vencemento. O protesto. As accións cambiarias.

Tema 69. A letra de cambio (II). Pagamento da letra. A intervención. O aval. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 70. O cheque. Os títulos nominativos e ó portador.

III. Materia de economía de empresa.

Tema 1. Economía da empresa: concepto, obxecto e contido. A empresa como realidade económica. Funcións e elementos da empresa.

Tema 2. Concepto e clases de empresas.

Tema 3. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado: a actividade comercial na empresa e o sistema económico. O mercado e a competencia. A demanda.

Tema 4. O empresario: o seu concepto na economía moderna. Expectativas, estratexias e política. O contorno, límites e metas.

Tema 5. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión.

Tema 6. As teorías e principios de organización. Principais modelos de organización.

Tema 7. A organización estructural. As relacións e as comunicacións. Os diferentes tipos de autoridade. A responsabilidade. As relacións na empresa.

Tema 8. Os traballos en grupo. As distintas clases de grupos. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 9. A centralización ou descentralización da autoridade. Grao de descentralización. Campo. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 10. A estructura de organización. Análise desta.

Tema 11. A planificación na empresa: o seu concepto. O papel da planificación. Establecemento de metas. A dimensión da planificación. O proceso de planificación.

Tema 12. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisións: concepto e clases. O proceso de toma de decisións.

Tema 13. A información no proceso de decisións.

Tema 14. O control da empresa: concepto. Elementos. O proceso de control. O control en directo.

Tema 15. Os principais sistemas de control. Enumeración, contido e alcance.

Tema 16. A integración da planificación e o control.

Tema 17. Política de persoal: planificación, selección, formación, promoción e retribución. Motivación.

Tema 18. A estructura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. Equilibrio entre investimentos e financiamentos. O concepto de fondo de rotación.

Tema 19. O investimento na empresa: concepto. Clases de investimento.

Tema 20. Os métodos clásicos de valoración e selección de proxectos de investimento. O período de maduración: concepto e cálculo.

Tema 21. Selección de investimentos: método de valor capital. Método de taxa de retorno. Similitude entre ambos métodos. O problema das taxas de retorno múltiples.

Tema 22. As decisións de investimentos secuenciais. As árbores de decisión. A análise bayesiana.

Tema 23. O investimento en bens de equipo. Determinación da duración óptima. Decisións de renovación de equipos.

Tema 24. O investimento en efectivo. O saldo óptimo da tesourería. Determinación de activo circulante.

Tema 25. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización: causas da depreciación. A función financeira das amortizacións.

Tema 26. Métodos de amortización. O efecto expansivo da amortización.

Tema 27. O autofinanciamento propiamente dito. O autofinanciamento no balance. O seu efecto multiplicador. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 28. O custo do autofinanciamento para a empresa.

Tema 29. O financiamento da empresa (I). Mercado primario e secundario de valores. A emisión de valores. O dereito de subscrición. Valoración de accións e obrigacións.

Tema 30. O financiamento da empresa (II). O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento permanente.

Tema 31. O financiamento externo da empresa: contratos de leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 32. Financiamentos especiais de inmobilizado. O leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 33. O custo do capital (I). O custo efectivo dunha fonte de financiamento particular. O custo da débeda. O custo do capital ordinario.

Tema 34. O custo do capital (II). O custo das accións privilexiadas. Custo dos beneficios retidos. O custo do capital medio ponderado.

Tema 35. A estructura financeira óptima da empresa e política de dividendos. Endebedamento e rendibilidade financeira. A estructura financeira óptima. A tese de Modigliani-Miller e a tradicional. Política e dividendos e o valor das accións. O modelo de Gordon.

Tema 36. A valoración externa da empresa. Principios básicos. Valor matemático ou contable, valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bolsista e valor de rendemento da empresa. O concepto de goodvill. Método para determina-lo valor global da empresa.

Tema 37. Teoría do beneficio contable (I). O beneficio da empresa. A relatividade de beneficio.

Tema 38. A información contable da empresa e a inflación. O problema. As solucións. A empresa española e a inflación.

Tema 39. A planificación financeira. Concepto. Modelos de planificación financeira. Modelo simplificado de planificación financeira. O modelo de Goran Erikson.

Tema 40. O sistema de producción: concepto e elementos. Clases de procesos. Obxectivos e decisións do sistema de producción.

Tema 41. Análise e deseño do sistema de producción. Distribución de servicios e manexo de materiais.

Tema 42. Os custos de producción: concepto e clasificación. Formación do custo.

Tema 43. O control de custos. As desviacións económicas e técnicas. A desviación total.

Tema 44. Principios e modelos de producción. Volume óptimo de producción a curto prazo. Modelo inicial de programación de producción.

Tema 45. A programación de sistemas de multiproducción. A programación lineal e o método de Simplex.

Tema 46. Planificación da producción. Análise de postoptimalidade ou de sensibilidade. Variacións nas limitacións do programa de producción. Variación na contribución dos procesos ós obxectivos da empresa. Cambios nos procesos productivos. Dualidade e prezos implícitos.

Tema 47. Programación temporal de proxectos (I). Técnicas de programación temporal. Actividades de duración aleatoria. Programación de custos e aceleración temporal.

Tema 48. Control de inventarios: concepto e clases de inventarios. Custo dos inventarios. A administración de inventarios. Determinación de existencias óptimas. Cálculo de stock de seguridade.

Tema 49. A comercialización (marketing): concepto, funcións e sistemas de marketing. Técnicas e modelos principais.

Tema 50. Investigación de mercados. Mercado e contorno. Segmentación de mercados.

Tema 51. Técnicas de avaliación da demanda: análise estatística. Investigación mediante enquisa, experimentación, outras técnicas.

Tema 52. Análise económica do programa de marketing. Sensibilidade ó óptimo e ós parámetros da función da demanda. Regras de optimización ó prezo de venda. Función de resposta publicidade-vendas. Regras de optimización do orzamento de publicidade. Relación entre elasticidade-prezo, ingreso marxinal publicitario e orzamento de publicidade. Participación de elasticidades con demanda global non expansible.

Tema 53. Política de producto (I). O producto e os seus atributos. Identificación do producto. O ciclo de vida dun producto. Liña de productos.

Tema 54. Política de producto (II). Os novos productos. Busca, selección e análise de novos productos. Introducción e lanzamento de novos productos.

Tema 55. Política de prezos. Modelos para determinación de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos.

Tema 56. A distribución do producto. Natureza e tipos de canles de distribución e intermediarios. Elección das canles de distribución. A distribución física. Campos de acción e compoñentes. Obxectivos. Principais alternativas.

Tema 57. A dimensión da empresa. Criterios delimitadores do tamaño. Factores relacionados coa dimensión óptima. Teorías sobre o tamaño da empresa baseados nas economías de escala. Dimensión e ocupación.

Tema 58. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento. Planificación. Adaptación organizativa ó obxectivo de crecemento.

Tema 59. As empresas multinacionais. Evolución e causas de aparición. Estructura. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 60. A empresa pública. Concepto. Obxectivos da empresa pública. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 61. O sistema de control da empresa pública. Crítica do sistema de control.

Tema 62. O financiamento da empresa pública. Metodoloxía. As fontes de financiamento externas. A estructura financeira.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. As sociedades anónimas (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina nas leis de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Constitución da obriga cambiaria. O endoso da letra. A aceptación da letra. O aval. O vencemento.

Tema 69. A letra de cambio (II). O pagamento da letra. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición.

Tema 70. O cheque. Títulos ó portador e nominativos. A obriga de pagamento.

ANEXO II

Programa de contabilidade, matemáticas

financeiras e estatística

1. Contabilidade.

-Contabilidade financeira superior e de sociedades.

-Consolidación de balances.

2. Matemáticas financeiras.

-Capitalización simple e composta.

-Rendas constantes, variables e fraccionadas.

-Amortizacións de préstamos e empréstitos.

-Operacións con valores mobiliarios.

3. Estatística.

-Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Parte 1ª. Dereito administrativo.

Tema 1. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos-leis. Os decretos lexislativos. As leis autonómicas. Os instrumentos lexislativos do artigo 150 da Constitución.

Tema 2. A potestade regulamentaria e os seus límites; en especial, a doutrina das materias reservadas á lei. O regulamento: concepto, natureza e clases. Os regulamentos ilegais: medios de reacción.

Tema 3. Os diversos entes públicos e a súa personificación. A Administración institucional. A Administración corporativa. A súa disciplina estatal e autonómica.

Tema 4. A Administración local. As entidades municipais. As entidades provinciais. Relación do ordenamento local co autonómico e o estatal.

Tema 5. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela administrativa e a súa regulación legal. En especial, a autotutela executiva: medios de execución forzosa dos actos administrativos.

Tema 6. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases: en especial os actos presuntos e o silencio administrativo. Eficacia do acto administrativo.

Tema 7. A invalidez dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade: causas e efectos. As irregularidades non invalidantes. As técnicas de emenda. A revisión de oficio dos actos administrativos: supostos e procedemento. A revogación do acto administrativo.

Tema 8. O procedemento de contratación administrativa (I). Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Os órganos de contratación. Requisitos do contratista. As garantías nos contratos. A preparación dos contratos.

Tema 9. O procedemento de contratación administrativa (II). O expediente de contratación e a súa tramitación. Os procedementos e formas de adxudicación dos contratos. O pagamento do prezo. A revisión do prezo. Causas comúns de extinción dos contratos. A cesión e a subcontratación.

Tema 10. O procedemento de contratación administrativa (III). O contrato de obras. O contrato de suministros. Os contratos de consultoría e asistencia e dos servicios. O contrato de xestión de servicios públicos.

Tema 11. O patrimonio da Xunta de Galicia. Normas xerais. Prerrogativas. Adquisición de bens e dereitos pola Xunta de Galicia. Normas esenciais sobre o seu tráfico xurídico. En especial, o dominio público da Xunta de Galicia.

Tema 12. A noción do servicio público. Os modos de xestión do servicio público.

Tema 13. A posición xurídica do administrado. As posicións activas: dereitos subxectivos e intereses lexítimos do administrado. As posicións desfavora

bles do administrado: cargas, deberes e suxeicións. As sancións administrativas.

Tema 14. A expropiación forzosa: regulación. Elementos. Procedemento; en especial a expropiación urxente. A reversión. Referencia ós procedementos especiais.

Tema 15. A responsabilidade patrimonial da Administración. Fundamento. Orzamentos. Procedementos. Responsabilidade dos funcionarios e dos contratistas. A responsabilidade do Estado-lexislador.

Tema 16. O procedemento administrativo; regulación. Principios. Estructura. Terminación; as súas formas.

Tema 17. Os recursos administrativos: concepto e clases. Tramitación xeral dos recursos. O recurso de reposición. O recurso de alzada. O recurso extraordinario de revisión.

Tema 18. A xurisdicción contencioso-administrativa: ámbito, órganos e competencias. As partes. O obxecto. O procedemento; recursos. Referencia ós procedementos especiais.

Tema 19. A Administración pública e a xustiza. Os conflictos xurisdiccionais, cuestións de competencia e conflictos de atribucións.

Parte 2ª. Facenda pública.

Tema 20. O sector público. A actividade financeira. A Facenda pública: adscrición científica e contido actual. A actividade do sector público na asignación e distribución. Erros do mercado e bens sociais. Provisión pública de bens.

Tema 21. A actividade do sector público sobre a demanda global e o crecemento. Efectos dos gastos públicos sobre a demanda global. O financiamento dos gastos e os seus efectos sobre a estabilidade. Gastos, impostos e crecemento económico.

Tema 22. A Facenda pública no pensamento económico. A Facenda pública nos mercantilistas, fisiócratas e clásicos. Marxinalismo, Keynesianismo e outras escolas na Facenda pública. Teorías positivas sobre a Facenda pública.

Tema 23. Adopción de decisións no sector público: A elección social. Elección social e preferencias individuais. Democracia directa e democracia representativa. Burocracia, clases sociais e grupos de interese.

Tema 24. O orzamento como instrumento de elección social. O orzamento: aspectos xerais. O ciclo orzamentario. A elaboración e execución do orzamento. Decisións orzamentarias sobre gastos e ingresos: a estructura orzamentaria. O orzamento e os sistemas de planificación e programación. Proceso de execución e control do orzamento.

Tema 25. A contabilidade nacional e o sector público. Contabilidade nacional: aspectos xerais. Contas de fluxos e de sectores: saldos e agregados. A contabilidade das administracións públicas.

Tema 26. Os bens públicos. Gastos de defensa. Servicios xerais: xustiza, orde e relacións exteriores. Gastos en capital fixo social. Bens asignados publicamente. Gastos en educación: obxectivos e problemas de producción. A sanidade: producción e dotación privada ou pública. A vivenda: gastos públicos e regulación de alugamentos.

Tema 27. Selección de proxectos de gasto público. Fundamentos da avaliación de proxectos. Custos, beneficios, taxas e regras de decisión. Os aspectos distributivos na selección de proxectos.

Tema 28. Os ingresos públicos e a imposición. Criterios de clasificación dos ingresos públicos. O imposto: concepto e elementos integrantes. Principais figuras impositivas.

Tema 29. Principios xerais da imposición. Beneficio e capacidade de pagamento como criterios de distribución. A incidencia impositiva. Custos implícitos da imposición: imposición óptima. Distintos custos dos impostos. Custos de eficiencia: distorsións tributarias. Exceso de gravame e imposición óptima.

Tema 30. Os sistemas fiscais. Evolución e estructura dos impostos. Condicionantes da estructura tributaria. Tendencias actuais dos modelos tributarios. A tributación actual e os seus efectos sobre a equidade, a productividade e o emprego. A fraude fiscal como condicionante dos modelos tributarios. As propostas de reformas fiscais.

Tema 31. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Capacidade de pagamento, concepto fiscal de renda e base impoñible. Unidade contribuínte e alternativas na súa configuración. As tarifas e os seus problemas.

Tema 32. Imposición persoal sobre o gasto: concepto e antecedentes. Elementos esenciais desta imposición. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 33. Imposición sobre o patrimonio e a riqueza. Imposición sobre o patrimonio neto. Imposición sobre sucesións e doazóns. Imposición sobre transmisións patrimoniais onerosas.

Tema 34. Imposición sobre sociedades: concepto e características desta imposición. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame, integración e incidencia.

Tema 35. A imposición xeral sobre vendas: concepto e clasificación. Impostos plurifásicos ou monofásicos sobre vendas. A imposición sobre o valor engadido.

Tema 36. Imposición sobre consumos específicos. Asignación e distribución nas accisas. Valoración actual destes impostos.

Tema 37. Imposición sobre o comercio exterior: concepto e antecedentes. Gravame sobre importacións e exportacións: finalidades. Os axustes fiscais en fronteira.

Tema 38. Déficit público e Facenda extraordinaria. Déficit público: clases e problemas no seu financiamento. Privatización de activos públicos. A inflación como unha forma de imposición.

Tema 39. A débeda pública e a creación de diñeiro. Concepto, clases e natureza da débeda pública. Administración da débeda pública e análises da súa incidencia. Creación de diñeiro e señoreaxe.

Tema 40. Prezos, taxas e contribucións especiais. Empresa pública e fixación pública de prezos. As taxas: concepto e clasificación. As contribucións especiais.

Tema 41. Tendencias actuais dos modelos tributarios. A tributación actual e os seus efectos sobre a equidade, a productividade e o emprego. A fraude fiscal como condicionante dos modelos tributarios. As propostas de reformas fiscais.

Tema 42. Os distintos niveis da Facenda pública. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais.

Tema 43. A Facenda pública internacional. Sector público nunha economía aberta: coordinación internacional. Coordinación impositiva e dobre imposición internacional. Harmonización fiscal: a experiencia da Comunidade Europea.

Parte 3ª. Dereito orzamentario e financeiro.

Tema 44. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

Tema 45. O dereito orzamentario: concepto e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma.

Tema 46. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias segundo lexislación vixente. Elaboración e aprobación.

Tema 47. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. O control das modificacións orzamentarias. Liquidación dos orzamentos.

Tema 48. Actividade financeira e orzamento de gasto. Concepto de gasto público. O acto administrativo de gasto e suxeitos da relación xurídica de gasto.

Tema 49. Procedemento xeral de execución do gasto público: aprobación do gasto. Compromiso de gasto. Recoñecemento da obriga e proposta de pagamento. Extinción das obrigas a cargo da Facenda pública.

Tema 50. Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A Seguridade Social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 51. A xestión de gastos contractuais. O nacemento das obrigacións contractuais. O cumprimento dos contratos. O recoñecemento da obriga. Xustificación. A extinción da obriga contractual. As obrigas de exercicios futuros.

Tema 52. A xestión de gastos de transferencias (I). As subvencións: concepto, natureza e clasificación. O procedemento de concesión e pagamento. Xustificación.

Tema 53. A xestión de gastos de transferencias (II). Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delicto subvencional. A xestión de gastos derivados da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. A xestión doutros gastos de transferencias.

Tema 54. A Tesourería da Comunidade Autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos que hai que xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da Comunidade Autónoma. O Igape.

Tema 55. O dereito da contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración.

Tema 56. A Conta Xeral da Comunidade Autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación. As contas económicas do sector público.

Tema 57. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I), Concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 58. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos de exercicio. A omisión da intervención.

Tema 59. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (III). O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 60. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (I). O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora.

Tema 61. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (II). A función xurisdiccional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a esixencia de responsabilidade contable.

Parte 4ª. Dereito tributario.

Tema 62. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 63. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e ámbito espacial. A fraude de lei. A analoxía no dereito tributario.

Tema 64. Os tributos. Impostos, taxas e contribucións especiais. A relación xurídica-tributaria. O feito impoñible; supostos de non suxeición. O devengo. Exencións tributarias.

Tema 65. Base impoñible e base liquidable. Réximes de determinación ou estimación da base impoñible. Cota e débeda tributaria. Garantía do crédito tributario.

Tema 66. Os elementos persoais da débeda tributaria. Os suxeitos pasivos. Os responsables tributarios. O retedor. Capacidade, representación e domicilio.

Tema 67. A extinción da obrigación tributaria. O pagamento. A prescrición. Outras formas de extinción.

Tema 68. O procedemento de xestión tributaria. A declaración. As liquidacións tributarias. As autoliquidacións. A comprobación de valores. A consulta tributaria. O convenio de colaboración coas oficinas liquidadoras.

Tema 69. A recadación dos tributos. Órganos recadadores; en especial, a organización recadadora da Xunta de Galicia. Procedemento. O convenio de recadación.

Tema 70. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 71. Infraccións tributarias. Concepto e clases. Sancións tributarias. Delicto fiscal. Contrabando.

Tema 72. A revisión dos actos en vía administrativa. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. O procedemento económico-administrativo: natureza e órganos de resolución. En especial, os órganos económico-administrativos da Xunta de Galicia.

Tema 73. O procedemento económico-administrativo: materias e actos impugnables. Extensión da revisión. Suspensión do acto impugnado. O procedemento en única ou primeira instancia. Os recursos.

Tema 74. O sistema tributario español. Imposición directa e indirecta: estructura e relacións. Harmonización fiscal comunitaria.

Tema 75. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Ren

dementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 76. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. A base liquidable. Determinación da cota íntegra e líquida estatal.

Tema 77. O imposto sobre a renda das persoas físicas (III). O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto. O imposto sobre a renda de non residentes.

Tema 78. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 79. O imposto sobre sociedades (I): feito impoñible. Suxeitos pasivos por obriga persoal ou real de contribuír. Exencións. Período impositivo e devengo do imposto. Base impoñible: correccións de valor; regras de valoración e imputación temporal.

Tema 80. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deduccións, retencións, devolucións e pagamentos a conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 81. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Normas especiais sobre adquisicións mortis causa.

Tema 82. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Base impoñible (continuación): normas especiais sobre adquisicións gratuítas inter vivos e en materia de seguros. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devengo e prescrición.

Tema 83. O imposto sobre sucesións e doazóns (III). Normas especiais sobre o dereito de usufructo, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 84. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Lugar de realización do feito impoñible. Devengo do imposto. Suxeitos pasivos e responsables.

Tema 85. O imposto sobre o valor engadido (II). Repercusións. A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deduccións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 86. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible,

suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 87. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tramitación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devengo, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 88. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. O imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos. O imposto especial sobre a electricidade. Outros impostos especiais: o imposto especial sobre determinados medios de transporte.

Tema 89. Os dereitos de aduanas. O arancel aduaneiro común. Os impostos aduaneiros. Os réximes aduaneiros económicos. Zonas francas e depósitos francos. O imposto sobre as primas de seguros.

Tema 90. A tributación sobre o xogo (I): tributos cedidos: a tributación sobre o xogo, máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Lexislación estatal e autonómica.

Tema 91. A tributación sobre o xogo (II): tributos propios: o imposto sobre o bingo. A tributación medioambiental. O imposto sobre contaminación atmosférica. O canon de saneamento.

Tema 92. As taxas e prezos públicos. Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 93. O financiamento das comunidades autónomas (I): conceptos xerais. A LOFCA (segundo a redacción dada pola Lei orgánica 7/2001, do 27 de decembro): estructura e contido. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado e o Fondo de Suficiencia. As asignacións de nivelación. O Fondo de Compensación Interterritorial. Os réximes especiais do País Vasco, Navarra e Canarias.

Tema 94. O financiamento das comunidades autónomas (II): o sistema de financiamento das comunidades autónomas segundo a Lei 21/2001, do 27 de decembro. Financiamento do sistema no ano base, recursos do ano base e evolución do sistema. A cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas: alcance das facultades cedidas. Capacidade normativa das comunidades autónomas en relación cos impostos cedidos. Recargas sobre impostos do Estado.

Tema 95. O sistema tributario local. A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e contido. Os impostos municipais preceptivos e potestativos. Outros recursos. Taxas e contribucións especiais.

Instruccións para o/a interesado/a

para cumprimenta-lo anexo IV.

*Instruccións xerais:

-Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalía, de se-lo caso.

*Instruccións particulares:

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración, escala superior de finanzas.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

ANEXO VI

Don/Dona ... con domicilio en ... e con DNI/Pasaporte ... declara baixo xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de ..., que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade), ... de ... de 200....