Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 2002 pola que se conceden axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2002.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 31 de xullo de 2002 convocáronse axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2002.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 5 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.481.0, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo.

Segundo.-De acordo co artigo sétimo, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

As axudas aboaranse unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica e entrega da memoria de actividades por parte da entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, achegando a documentación á que fai referencia o punto 2º do artigo 8, no prazo máximo dun mes contado a partir do remate das actividades.

Terceiro.-Obrigas dos centros beneficiarios.

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas, que inclúa:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

No caso de centros educativos, unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

No caso de centros de formación continuada do profesorado, certificación do director/a aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Celso Ramón Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Centro escolarProvinciaTítulo do proxectoPaís destinoAxuda

concedida

IES Ribeira do LouroPontevedraTraining for Higher Technician en E-commerceAlemaña

Malta

1.575

IES nº 1 LugoLugoProfessional European Contact for Health TeachersItalia5.333

IES Monte CasteloLugoProfessional European Contact for Vocational Health StudiesFinlandia585,73

CPR Colexio MendiñoPontevedraUtilización de los TIC para la formación en comercioIrlanda2.621

IES MelideA CoruñaMovilidad en el ámbito de la maderaAlemaña334

IES Paseo das PontesA CoruñaCurtido y acabado de pielesGrecia375

IES Escolas ProvalPontevedraProval 2001 in EuropeItalia9.112

IES FontiñasA CoruñaEuropean SecretariesReino Unido8.486

Total28.421,73