Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.388

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EL PROGRESO DE LUGO, S.L.

CONVOCATORIA do X Premio Xornalístico Puro Cora.

O Premio Xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimula-las iniciativas individuais que, en forma de artigos xornalísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a comprensión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2003, en Lugo, e está dotado con 9.100 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., Rúa do Progreso, 12, 27001 Lugo.

Lugo, 16 de decembro de 2002.

Blanca García Montenegro

Presidenta de El Progreso de Lugo, S.L.