A sociedade cooperativa Coseplán Soc. Cop. Galega, con domicilio no polígono Louzaneta, s/n de Lugo; CIF nº F/27010511, por medio deste anuncio en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, na reunión do 11-10-2002, acordou a fusión por absorción das cooperativas Lacteos Val do Miño Soc. Cop. Galega, Coseplán Soc. Cop. Galega e Planmiño Soc. Cop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbente.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Lugo, 10 de decembro de 2002.
Pedro Barrio Vázquez
Presidente