De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos (A Coruña). Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 13 de novembro de 2002.
Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-CEN-0011.
Denunciada: María Valiente Romero.
DNI: 32791184.
Último domicilio coñecido: rúa San Andrés, 29, A Coruña.
Feitos denunciados: circular co seu vehículo por zona prohibida dentro do parque natural de Corrubedo.
Tipificación: Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, artigo 38.13º en relación co artigo 11 do Decreto 139/1992, do 5 de xuño.
Cualificación: leve.
Sanción imposta: 90,15 euros de multa.