Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de incendios forestais CO-I-0102 e CO-I-0103.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e máis do seu regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13 de febreiro de 1973) por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo, deberá emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos (A Coruña). Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de novembro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-I-0102.

Denunciado: José Ángel Fernández Castro.

DNI: 76409594-Y.

Último domicilio coñecido: Morteirado, 15, Franza-Mugardos (A Coruña).

Feitos denunciados: realizar unha queima sen autorización.

Tipificación: art. 137 b) do Regulamento sobre incendios forestais.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 60,10 A de multa.

Expediente: CO-I-0103.

Denunciado: Manuel Andrés Rodríguez Rivera.

Último domicilio coñecido: A Mochiqueira, 23, A Mourela-Neda (A Coruña).

Feitos denunciados: realizar unha queima sen adopta-las debidas precaucións (falta de persoal e devasa mal feita).

Tipificación: art. 137 a) da lei 81/1968, de incendios forestais.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 60,10 A de multa.