Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 159 e 121/2002).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas aéreas a 20 kV, de 1.804 m de lonxitude desde liña Monzo-Abelenda a liña Monzo-Bordaos nos termos municipais de Trazo e Tordoia e de 10 m de lonxitude e centro de transformación no luar de Moas de Arriba, no termo municipal de Santiago de Compostela (expediente 159 e 121/2002) por resolucións desta delegación provincial de datas 4 e 6 de setembro de 2002, respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 16 de xaneiro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Trazo e Santiago de Compostela, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e nos xornais El Ideal Gallego e El Correo Gallego do 18 de xullo, do 24 de xuño, do 10 de xullo, do 12 de xuño e do 25 de xuño, do 24 de maio de 2002, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa do Concello de

Trazo e no Centro Cultural de Vite na rúa Carlos Maside, s/n, no termo municipal de Santiago de Compostela.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se

produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña