Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/133-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Tamagos.

Situación: Verín.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 106 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. a Feces e que remata no C.T. Tamagos-II, proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión de 597 m derivadas do C.T. Tamagos-II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 31 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense