Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.363

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (549/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 549/2002, se acordou, por resolución do 13 de novembro de 2002, la citación de Salay Joglar Liñares mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos da proposta de acollemento familiar nº 549/2002, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Salay Joglar Liñares, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 2 de xaneiro de 2003, ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 13 de novembro de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO