Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.363

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (592/2002-SU).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 592/2002 se acordou a citación de Ana Vanessa Liñares Barreiros, mendiante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 592/2002, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Ana Vanessa Liñares Barreiros, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 15 de xaneiro de 2003, ás 9.45 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndo de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 18 de novembro de 2002.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña, o 18 de novembro de 2002.

A secretaria

Rubricado