Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.326

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso dos procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde de 11 de xullo de 2002 pola que se convocaban procedementos selectivos de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións procede darlle publicidade ó baremo definitivo.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as puntuacións definitivas dos baremos establecidos na Orde do 11 de xullo de 2002.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA