Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2002 pola que se prohíbe a pesca nas zonas de desembocadura afectadas polos vertidos procedentes do buque Prestige.

En evitación dos riscos que podería supoñe-lo consumo das especies que son obxecto de pesca nas

zonas de desembocadura, por consecuencia dos vertidos procedentes do buque Prestige e no exercicio das competencias que se conteñen no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, acordou a suspensión da autorización de pesca de todo tipo de especies piscícolas nas zonas de desembocadura, tanto con cana e desde terra como en embarcación ou en artefactos flotantes, que se recolle no anexo quinto da Orde do 20 de xaneiro de 2002 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia, ata que as condicións do medio consintan de novo o exercicio da actividade.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral da Conservación da Natureza