Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2003, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no anexo II (provincia: Lugo) da citada resolución, publicada no DOG nº 216, do venres, 8 de novembro de 2002, e realizada a oportuna rectificación pola correspondente delegación, cómpre face-la seguinte corrección, así:

-No anexo II provincia de Lugo, na páxina 15.722, onde di: «16. Corgo, O: 4 de marzo, Martes de Entroido; 24 de xullo, San Xoán», debe dicir: «16. Corgo, O: 4 de marzo, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán».