Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.063

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, anuncia a convocatoria pública para a selección de persoal do cadro, para a cobertura dos seguintes postos vacantes:

A. Grupo médicos especialistas:

1 médico especialista en oncoloxía radioterápica. Ref.: A-RTP.

2 médicos especialistas en cirurxía cardiovascular. Ref.: A-CC.

1 médico especialista en medicina intensiva. Ref.: A-MIN.

B. Grupo asistencial non facultativo:

2 enfermeiros. Ref.: B-DUEQUI.

6 enfermeiros. Ref.: B-DUEUR.

1 auxiliar de clínica. Ref.: B-AUXUR.

C. Grupo técnico:

3 técnicos superiores en radioterapia. Ref.: C-TER.

2 técnicos en radiofísica e protección radiolóxica. Ref.: C-TERF.

D. Grupo auxiliar:

4 auxiliares sanitarios. Ref.: D-AUXS.

2 auxiliares sanitarios e de servicios xerais. Ref.: D-AUXSX.

* Requisitos xerais dos aspirantes:

1. Ter cumpridos os 18 anos e non exceder da xubilación forzosa.

2. Acreditar posibilidade de traballar legalmente en España (pasaporte comunitario ou permiso residencia).

3. Cumpri-los requisitos mínimos para o posto de traballo ó que se opte antes do día anterior á publicación desta convocatoria no DOG.

4. Posuí-la titulación oficial específica para o posto.

* Requisitos de cada posto:

A. Grupo médicos especialistas:

Refs.: A-RTP, A-CC, A-MIN.

Título de especialista.

B. Grupo asistencial non facultativo:

Enfermeiros.

Título de ATS/DUE.

Experiencia en instrumentación cirúrxica, valorándose experiencia en cirurxía cardíaca. Ref.: B-DUEQUI.

Experiencia en unidades de reanimación ou intensivos, valorándose experiencia en cirurxía cardíaca. Ref.: B-DUEUR.

Auxiliar de clínica. Ref.: B-AUXUR.

Título FP1 rama sanitaria.

Experiencia en unidades de reanimación ou intensivos, valorándose experiencia en cirurxía cardíaca.

C. Grupo técnico:

Técnicos de radioterapia. Ref.: C-TER.

Título de técnico superior en radioterapia.

Curso de operador de instalacións radioactivas.

Experiencia mínima de seis meses nun servicio dotado de aceleradores lineais, braquiterapia de alta taxa, taller de moldes, radiocirurxía, e simulación virtual.

Técnicos de radiofísica e protección radiolóxica. Ref.: C-TERRF.

Título de técnico superior en radioterapia e/ou técnico superior en imaxe ou especialista en radiodiagnóstico ou especialista en medicina nuclear.

Curso de operador de instalacións radioactivas.

Experiencia mínima de seis meses en servicios de protección radiolóxica e radiofísica dotados de planificador tridimensional, gammacámaras spect, equipos de radioloxía dixital e convencional, acelerador de electróns, braquiterapia de alta taxa e radiocirurxía.

D. Grupo auxiliar:

Auxiliares sanitarios. Ref.: D-AUXS.

Certificado de escolaridade.

Experiencia en unidades de coidados intensivos e quirófano, valorándose a experiencia en unidades de cardioloxía intervencionista ou cirurxía cardíaca.

Auxiliares sanitarios e de servicios xerais. Ref.: D-AUXSX.

Graduado escolar.

Coñecementos a nivel básico de informática.

Experiencia en unidades de medicina nuclear, oncoloxía radioterápica e diagnóstica por imaxe.

* Solicitudes e documentación necesaria:

A) Solicitude oficial asinada.

B) Fotocopia do DNI.

C) Relación documental compulsada esixida na solicitude.

D) Acreditación suficiente da experiencia laboral.

Presentación de solicitudes.

Prazo: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica nos seguintes enderezos e en horario de 9 a 14 horas.

-Praza Europa, portal 5 A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

-Estructura administrativa MEDTEC, Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n (36200 Vigo).

Información: nos mesmos enderezos e horarios os candidatos terán á súa disposición a seguinte documentación:

-Bases completas e normas do proceso de selección.

-Modelo de solicitude oficial.

-A relación de temas esixibles para cada posto.

-Os baremos dos méritos por referencia.

A mesma documentación será publicada na web: www.medtec.org

Temarios

Ref.: B-DUEQUI.

1. Atención ó cliente.

2. Manexo da vía aérea.

3. Monitorización hemodinámica.

4. Vías venosas centrais e periféricas.

5. Vía arterial. Canulación.

6. Manexo ventilatorio.

7. Estimulación cardíaca.

8. Desfibrilación-cardioversión.

9. Balón intraaórtico de contrapulsación (BIACP).

10. Instrumentación cirúrxica.

11. Anatomía cardíaca e dos grandes vasos.

Ref. DUEUR.

1. Atención ó cliente.

2. Manexo da vía aérea.

3. Manexo ventilatorio.

4. Técnicas de RCP avanzada.

5. Técnicas do sistema gastrointestinal.

6. Técnicas do sistema renal.

7. Manexo cavidade torácica.

8. Monitorización hemodinámica.

9. Técnicas do sistema hematolóxico.

10. Técnicas do sistema tegumentario.

Ref. AUXUR.

1. Atención ó cliente.

2. Manexo e aseo do paciente.

3. Manexo da vía aérea.

4. Manexo do sistema gastrointestinal.

5. Manexo do sistema renal.

6. Manexo cavidade torácica.

7. Monitorización hemodinámica.

8. Técnicas de RCP.

9. Coidado e manexo do material.

Ref. AUXS.

1. Atención ó cliente.

2. Procedementos para mover e coloca-los enfermos.

3. Coñecemento básico de utensilios e mobiliario hospitalario.

4. Hixiene e seguranza en institucións sanitarias.

5. Especificacións propias de unidades específicas.

Ref.: D-AUXSX.

1. Idem ref. AUXS.

2. Microsoft Office.

C. Grupo técnico.

Comúns.

1. Dereitos e deberes dos pacientes e usuarios.

2. Funcionamento interno dunha unidade e plan de emerxencias radiolóxicas.

Ref.: C-TER.

3. Teleterapia.

4. Braquiterapia de alta taxa.

5. Radiocirurxía.

6. Simulación virtual.

7. Taller de moldes.

Ref.: C-TERRF.

3. Dosimetría clínica e física.

4. Protección radiolóxica.

5. Garantía e control de calidade de radioterapia.

6. Garantía e control de calidade de medicina nuclear.

7. Garantía e control de calidade de radiodiagnóstico.

Julio Villar

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.