Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.062

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 21 de outubro de 2002, da Dependencia de Recadación de Valladolid, de notificación de providencia de constrinximento.

Intentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes por dúas veces, sen que se puidese realizar por causas non imputables á Administración tributaria, de conformidade co disposto nos artigos 105 e 126 da Lei xeral tributaria, de acordo coas modificacións introducidas pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, cítase os interesados ou os seus representantes mediante este anuncio, para seren notificados por comparecencia.

Procedemento: de constrinximento administrativo.

Órgano responsable da tramitación: Dependencia de Recadación.

Lugar: Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Praza de Madrid, 5, Valladolid.

Prazo: 10 días contados a partir do seguinte hábil da publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario de nove a catorce horas. Cando, transcorrido o dito prazo, non se tivese comparecido, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Relación de notificacións pendentes.

Xúntase en documento anexo.

Valladolid, 21 de outubro de 2002.

Gerardo Arranz Sanguino

Xefe da Dependencia de Recadación de Valladolid

ANEXO

-Datos do contribuínte:

B-47092911.

Construcciones Fco. Javier San.

R/ Doutor Esquerdo, 1-3, Valladolid.-Concepto: sanción.-Descrición: exp. 2000/OU-1511-O-00.-Obx. trib.: P. ter.-Clave liquidación: C1100002320029811.-Importe: 360,61 euros.-F. prov. apr.: 21-5-2002.