Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a resolución dictada en procedemento de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

Por medio desta cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo recaida no expediente de reposición da legalidade urbanística que se indica no anexo, pola que se declara que as obras promovidas por Eduardo Martínez Fernández, consistentes na execución dun recheo a base de pedra e terra con altura máxima en torno ós 3 metros e que ocupa unha superficie aproximada de 400 m. Sobre o bordo do aterraplenado executouse un muro de bloque prefabricado de formigón de 1 m de altura e unha lonxitude de 18 metros, que son ilegalizables por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente. Ordénase a súa demolición á custa do interesado e a restitución dos bens e terreos afectados ó estado anterior á execución das actuacións obxecto deste expediente, no prazo máximo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, e advírtese o interesado que, no caso de

incumprimento da orde de demolición no prazo indicado no punto anterior, se procederá á execución subsidiaria dela ou á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía de 300,51 a 3.005,06 euros cada unha, sendo estas multas compatibles coa sanción que, se é o caso, poida interpoñerse no procedemento sancionador que tramite a comisión da infracción urbanística. Fáiselle saber que esta resolución non esgota a vía administrativa que pode interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Para que conste, lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expediente: 107 B-2001/126-0 de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: Eduardo Martínez Fernández.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: O Campo, nº 1, Barrañán (Arteixo).

Feitos: construcción de obras sen licencia.

Municipio: Arteixo.

Precepto aplicable: artigo 180 en relación co 175 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 54 do Regulamento de disciplina urbanística (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).