Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave PO/02/012.06 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: mellora da intersección C-550 Cangas-ponte de Rande, travesía de Moaña p.k. 121+500.

Número do expediente: PO/02/012.06.

Orzamento base de licitación: douscentos trinta e dous mil trescentos sesenta e seis euros con trinta e sete céntimos (232.366,37 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: urbanización da rúa da estación de FEVE no núcleo urbano de Ortigueira, A Coruña. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Ortigueira 30-9-2002.

Número do expediente: AC/02/203.03.

Orzamento base de licitación: catrocentos vintecatro mil seiscentos vintenove euros con oitenta e un céntimos (424.629,81 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: construcción dunha ponte sobre o río Sil en Vilamartín de Valdeorras, Ourense. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Vilamartín de Valdeorras 5-7-2002.

Número do expediente: OU/01/017.01.

Orzamento base de licitación: un millón cincuenta e sete mil novecentos sesenta euros (1.057.960 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e.

Grupo B, subgrupo 3, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Estudio; rúa Nova de Abaixo 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida para cada contrato no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 9,38 euros.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 21-11-2002, DOG do 28 de novembro)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda