Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.040

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (53/2002).

No procedemento ordinario nº 53/2002, seguido neste xulgado por instancia dos cidadáns romenos Dion Stanca, Gabriela Stanca, Puiu, Buinca, Zolfina e David Stanca, en paradoiro ignorado, contra resolución do 31-1-2002, da Delegación do Goberno en Galicia, desestimatoria do recurso de reposición e denegación do permiso de residencia, dictouse con data do 16 de setembro de 2002 auto no que se declara o arquivo do recurso, por non teren comparecido en tempo e forma.

E por providencia desta data, acordouse facerllo saber pola presente cédula, ó achárense en ignorado paradoiro.

A Coruña, 8 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado