Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.040

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (40/2002).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, dou fe que no procedemento ordinario nº 40/2002 se dictou resolución que no encabezamento e parte dispositiva, copiados literalmente, é do teor seguinte:

«Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña.

Proc. ordinario nº 40/2002.

Sobre: estranxería.

Dte.: Carmen-Delia Capa Pitizaca.

Ddo.: Subdelegación do Goberno en Galicia. A Coruña.

Exp. nº: 28755/2002. Resolución do 10-5-2002 de expulsión.

Auto.

Na Coruña, o vintenove de outubro de dous mil dous.

SSª. Acorda

Ordena-lo arquivo das actuacións por non se ter corrixido o defecto de falta de asistencia letrada dentro do prazo concedido para isto.

Notifíquese esta resolución ós interesados facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación admisible nun único efecto no prazo de 15 días; tal recurso deberá interporse perante o xulgado mediante escrito razoado, que deberá conte-las alegacións en que se fundamente o recurso.

Acordouno e asínao Juan Sellés Ferreiro, maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous desta cidade. Dou fe».

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Carmen-Delia Capa Pitizaca, expido e asino este auto na Coruña no vintenove de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado