Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.036

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 8 do grupo V (peón/a agrario/a) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 8 do grupo V (peón/a agrario/a), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal V-C a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal V-C dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 8 do grupo V (peón/a agrario/a), publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais, con

tados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 8 do grupo V (peón/a agrario/a) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

-Acceso libre:

DNIApelidos e nomeFase oposiciónFase concursoTotal

1º exercicio2º exercicio3º exercicio

34951336-FLópez Rico, Antonio15,5005,000Exento/a10,85031,350

76893925-AFernández Prego, Manuel17,0006,600Exento/a6,10029,700

33852593-CVispalia Pernas, M. Antonio16,5005,700Exento/a7,30029,500

76621899-KLópez Aira, José Luis17,5005,900Exento/a3,50026,900

33284820-WMareque Mejuto, J. Manuel12,5005,400Exento/a9,00026,900

32794858-DFacal Turnes, Xosé Amancio17,0005,500Exento/a3,50026,000