Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.035

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 68 do grupo III (oficial 1ª agrario/a/capataz agrario/a) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 68 do grupo III (oficial 1ª agrario/a//capataz agrario/a), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal III-D a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal III-D dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 68 do grupo III (oficial 1ª agrario/a//capataz agrario/a), publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 68 do grupo III (oficial 1ª agrario/a//capataz agrario/a) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

-Acceso promoción interna:

DNIApelidos e nomeFase oposiciónFase concursoTotal

1º exercicio2º exercicio3º exercicio4º exercicio

32747268-YBarbeito Dans, José Manuel12,91713,2505,000Apto/a7,98039,147

33291718-TAdán López, Manuel17,50013,9005,350Exento/a0,66037,410

-Acceso libre:

DNIApelidos e nomeFase oposiciónFase concursoTotal

1º exercicio2º exercicio3º exercicio4º exercicio

52472510-BCortizo Mella, Javier19,16715,6508,500Exento/a1,75045,067

33338424-QFuente Cedrón, Javier de la18,33316,2408,100Exento/a0,00042,673

34254934-ERodríguez Rodríguez, Mª Elvira12,91712,2505,550Exento/a8,00038,717

33289313-XCastro Neo, Paula13,33314,7106,000Exento/a1,95035,993