Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa seguido para a execución do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro (parcelas grupo D) en Ferrol.

Por Resolución do 14 de novembro de 2002, do director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa, seguido polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro (parcelas grupo D) en Ferrol, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, conforme o previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sen prexuízo de que os interesados mostren desconformidade coa valoración establecida no expediente, seguíndose en tal caso ante o Xurado de Expropiación Forzosa a fixación do prezo xusto

correspondente, a indicada aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida habilita para proceder á ocupación do predio e producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (artigo 146.1º e 2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia).

Procede en consecuencia fixa-las datas en que se procederá ó levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación de conformidade cos artigos 49 e 55 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

1. Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, ós interesados que acrediten fidedignamente a súa titularidade (artigo 146.3º da Lei 1/1997).

2. Que para tal efecto o interesado achegará certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos. Se existisen cargas deberán comparece-los seus titulares. (Artigo 222.2º do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992).

3. Que se o expropiado non quixese acepta-lo prezo xusto ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos (artigo 206.1º do Regulamento de xestión urbanística).

En consecuencia convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ó levantamento das actas de pagamento e ocupación que se efectuará nos seguintes lugares e datas:

Lugar: Casa do Concello de Ferrol, planta 1ª, Ferrol.

Datas: as actas de pagamento terán lugar o día e hora que se sinala no cadro que se xunta. As actas de ocupación levantaranse na mesma data e hora, a continuación da correspondente acta de pagamento, salvo que o prezo xusto tivese que ser consignado, sendo así levantaríanse no mesmo lugar o día 3 de xaneiro de 2003, ás 12.30 horas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Calendario da convocatoria para o levantamento das actas de pagamento e ocupación do expediente de expropiación forzosa para a execución do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro (parcelas grupo D) en Ferrol

ConvocadoPredio nºPropietarioSuperficie (m)

DíaHora

26-12-200210D1Cheda Muíños, Manuel hdos.

María, 209-4º

15401 Ferrol

311

26-12-200210.30D1AMayobre Casteleiro, José

Telleiras, 15-1º, Caranza

15406 Ferrol

90

26-12-200211D2Villar Castro, Antonio

Sta. Comba, 23-25, 6º A

15404 Ferrol

87

26-12-200211.15D3Arba Gabeiras, Eliseo e Casteleiro Fernández, Luis

Avda. do Mar, 19-11 D

15406 Ferrol

282

26-12-200211.30D4Lago Palmeiro, Teresa

Nova de Caranza, 175-177, 3º A

15404 Ferrol

173

26-12-200212D6Tojeiro Saavedra, Mª Luisa e Castrillón Tojeiro, Mª Carmen, José R. e Luis M.

Telleiras, 31-baixo, Caranza

15406 Ferrol

352

26-12-200212D6 bisCastrillón Tojeiro, Mª Carmen

Telleiras, 31-baixo, Caranza

15406 Ferrol

Traslado negocio

26-12-200212.30D7Loureiro López, Adela, Balbino, Carmen e Benigna

Campo da Cruz, 23, Esteiro

15350 Cedeira

324

26-12-200213D9Vivero Canosa, Manuel e José María

Gulpilleira, Sta. Mariña do Monte

15561 San Sadurniño

236

27-12-200210.30D10Barros Espina, Manuel

Descoñecido (Arxentina ou Venezuela)

106

ConvocadoPredio nºPropietarioSuperficie (m)

DíaHora

27-12-200211D11Bargas Fernández, Carmen hdos.

R/ Ponte de Caranza, bloque 22, nº 3-5º esqda.

15406 Ferrol

203

27-12-200211.15D12Folgueira Domínguez, José

Telleiras, bloque 22, portal E, 4º esqda.

15406 Caranza, Ferrol

176

27-12-200211.30D13Villar Castro, Domingo hdos.

Telleiras, bloque 22, portal B, 4º dta.

15406 Caranza, Ferrol

165

27-12-200211.45D14Descoñecido402

27-12-200212D15Peña Penelas, José Ramón hdos.

Repres. Javier Alvariño de la Fuente Galiano, 60-1º

15402 Ferrol

314

27-12-200212.30D16López Pouso, Rafael e Sas Fraga, Francisca hdos.

Telleiras, bloque 22, portal C, 2º esqda.

15406 Caranza, Ferrol

138

27-12-200213D17Peña Penelas, Dorinda Divina hdos.

Repres. Javier Alvariño de la Fuente Galiano, 60-1º

15402 Ferrol

125

27-12-200213.30D18Morandeira López, Mª Carmen Raquel

Arquitecto Rey Pedreira, 4-7º B

15011 A Coruña

791

27-12-200213.45D19Descoñecido283