Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para adquisición de 200 vivendas en fase de proxecto en diversas localidades de Galicia-2002.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a seguinte contratación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: adquisición de 200 vivendas en fase de proxecto en tódolos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orzamento: doce millóns vinte mil douscentos corenta e dous euros (12.020,242 A).

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Garantía provisional: mil catrocentos corenta e nove euros con sesenta e cinco céntimos (1.449,65 A) por vivenda nas ofertas correspondentes á área xeográfica 1 e mil trescentos noventa e seis euros con setenta e catro céntimos (1.396,74 A) por vivenda nas ofertas correspondentes á área xeográfica 2, que supón o 2% do prezo máximo dunha vivenda de 90 m con garaxe de 25 m e rocho de 6 m.

No caso de vivendas unifamiliares, a garantía provisional será de mil cincocentos noventa e catro euros con cincuenta e nove céntimos (1.594,59 A), nas ofertas correspondentes á zona territorial 1 e de mil cincocentos trinta e seis euros con vinte céntimos (1.536,20 A), nas ofertas correspondentes á zona territorial 2.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán de manifesto e ó dispor dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), desde as nove (9) ás catorce (14) horas, de luns a venres.

Ademais, a dita documentación estará ó dispor dos interesados na copistería Copy Estudio, da rúa Nova, 19-20 (Galerías) en Santiago de Compostela, e co teléfono de contacto número 981 59 33 85.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2086

Modelo de proposicións: a proposición económica deberá formularse estrictamente conforme o modelo

que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse, nos días e horas hábiles no antedito rexistro, no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (número 981 54 16 00) no mesmo día.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do undécimo (11) día natural a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe dos anuncios da licitación será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo