Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de novembro de 2002, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01382-O-2002 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo/a xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o director/a xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390002 e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 13 de novembro de 2002.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01382-O-2002

C-4305-AH

G.C. de Tráfico

Empresa Sánchez, S.L.

Carcacía, s/n

15900 Padrón (A Coruña)

Circular cun autobús, transportando doce menores utilizando un disco no tacógrafo por período superior a vintecatro horas, sendo a superposición de gravacións ilexible.

17-12-2001; 8.40

Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

XC-01592-O-2002

1269-BFB

G.C. de Tráfico

Ramón Pose e Hijos, S.L.

Circunvalación, s/n

15002 A Coruña

Conduci-lo vehículo citado tendo o disco diagrama do 22 ó 23-1-2002 non podendo lerse ó estaren superpostos os rexistros de conducción.

24-1-2002; 2.35; A-6; 568

Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

270 euros

XC-01690-O-2002

C-9509-CG

G.C. de Tráfico

Selte, Sociedad Cooperativa

Rúa Temple, 7 B

15679 Cambre (A Coruña)

Circular transportando carga útil (paquetería), carecendo de tódolos distintivos relativos ó ámbito da tarxeta de transporte.

7-1-2002; 16.50; N-VI; 582

O.M. do 25 de outubro de

1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

90 euros

XC-01744-O-2002

C-4481-BX

G.C. de Tráfico

S. Indus. y Nav. Hercules, S.L.

Peirao leste, 10

15000 A Coruña

Utilizar un disco diagrama durante varias xornadas. Disco diagrama utilizado en dous días existindo superposición nos rexistros de conducción.

27-2-2002; 17.20; A-9; 79,500

Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

30 euros