Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Elena Sarria Hermida-Cachalvite).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de novembro de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Elena Sarria Hermida Cachalvite

DNI: 34990297-Y

R/ Dalí, 6, 7º A, Ourense

Liq. xuros de demora

Exp.: Z 739/2002

Doc.: 000020008385

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA