Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 337/2002, do 5 de decembro, polo que se modifican os prezos do Diario Oficial de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia, órgano oficial de difusión e expresión da actividade administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, vén publicándose ininterrompidamente desde 1982.

En 2002, por Decreto 294/2001, produciuse a última modificación dos prezos da subscrición e da inserción de anuncios, pero razóns tales como un mellor axuste nos seus custos, a necesidade de prestar un mellor servicio ós cidadáns e de seguir proporcionándolles acceso gratuíto ós contidos do DOG pola Internet durante quince días, así como o incremento de paxinación e do IPC fan aconsellable proceder a unha revisión dos prezos.

Na súa virtude, e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública tralo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Establécense os seguintes prezos de subscrición anual para o Diario Oficial de Galicia:

-Subscrición anual en papel en galego ou castelán133,20 A/ano.

-Subscrición anual pola Internet en galego ou castelán148,57 A/ano.

-Subscrición pola Internet en galego ou castelán dos anos anteriores80 A/ano.

2. Establécense igualmente os seguintes prezos para outros productos do Diario Oficial de Galicia:

-CD-Rom do ano 2002 para non subscritores80 A/exemplar.

-CD-Rom dos anos anteriores80 A/exemplar.

-Exemplar solto do DOG en papel0,82 A.

3. O aboamento do prezo anual da subscrición ó DOG en papel dá dereito á recepción do CD-Rom correspondente ó mesmo período, sempre que o subscritor así o solicite ó formaliza-la subscrición.

4. O aboamento do prezo anual da subscrición ó DOG pola Internet dá igualmente dereito á recepción do CD-Rom correspondente ó mesmo período, sempre que o subscritor así o solicite ó formaliza-la subscrición. Rematado este período o subscritor continuará con dereito de acceso ós exemplares pagados sempre que permaneza como tal.

5. O prezo do acceso pola Internet a DOG anteriores ó 1º de xaneiro de 2003 fíxase en 80 A por

ano. Este dereito, que require a subscrición ó ano que corre e, en calquera caso, ós anos comprendidos entre o ano solicitado e o actual, ten vixencia mentres o interesado continúe como subscritor.

Artigo 2º

O prezo dos anuncios no Diario Oficial de Galicia fíxase para cada liña en columna de 18 cíceros en:

a) Procedemento ordinario: 4,78 A.

b) Procedemento urxente: 9,56 A.

Artigo 3º

Os prezos establecidos nos artigos anteriores entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os prezos establecidos neste decreto entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2003.

Segunda.-Facúltase o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA