Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

O Decreto 318/2002, do 31 de outubro, declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Noia, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construcción da estación depuradora de augas residuais de Noia.

En cumprimento do establecido no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Noia convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, a data e nas horas que se sinalan, co fin de redacta-las actas previas á ocupación.

Nº parcela: 3.

Propietario/a: Francisca Pérez Prol e Carmen Pérez Prol.

Data: 18 de decembro de 2002.

Hora: 11-11.30.

Lugar: Concello de Noia.

Nº parcela: 4

Propietario/a: Abelardo Gómez Cacheiro.

Data: 18 de decembro de 2002.

Hora: 11.30-12.

Lugar: Concello de Noia.

A este acto deberán acudir tódolos titulares dos bens e dereitos afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada e presenta-los documentos acreditativos tanto da súa identidade (DNI-NIF) como da titularidade dos terreos (irán cunha copia dos títulos orixinais e dunha copia do último recibo de bens inmobles para entregar nese momento). Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Noia, 27 de novembro de 2002.

Rafael García Guerrero

Alcalde